Axudas municipais de libros, material escolar e comedor 2020/2021

Xa están publicadas as bases para solicitar as axudas municipais para libros, material escolar e comedor para o curso 2020/2021, pero o prazo de solicitude AÍNDA NON ESTÁ ABERTO. Cando se nos comunique a apertura do prazo, informarémosvos.

Dado o momento no que nos atopamos, este ano non enviarán trípticos ás escolas e se intentará fomentar a presentación TELEMÁTICA.

Deixamos aquí os impresos rellenables por se queredes ir preparando a documentación para cando habiliten o prazo de entrega.