Celebrando o Día das Letras Galegas 2024 adicado a Luisa Villalta Gómez.
Hoxe, 17 de maio, rendemos homenaxe a unha das máis grandes representantes da literatura galega: Luisa Villalta Gómez. Escritora, poeta, violinista e unha voz fundamental na nosa cultura, o seu legado segue inspirándonos.
Nun recuncho rural de Galicia, os pequenos do Colexio Rural Agrupado de Oroso realizamos un traballo incrible aprendendo sobre a vida e obra de Luísa. Dende a educación infantil ata o primeiro ciclo de primaria, os nosos nenos e nenas exploraron os seus poemas, penetrando nas súas obras e descubriron o valor da nosa lingua e tradicións a través dos seus escritos.
Este proxecto foi unha xanela ao mundo da literatura galega para estas pequenas e pequenos exploradores, atopando nas palabras de Luisa Villalta unha fonte de inspiración e amor polas nosas raíces. Grazas a todas as mestras, mestre e familias que fixeron posible esta fermosa viaxe educativa. Viva Galicia e viva Luisa Villalta!
Hoxe, 15 de maio, celebramos o Día Internacional das Familias! No noso centro rural agrupado de educación infantil e educación primaria, queremos honrar a todas as familias que nos rodean. Sabemos que cada familia é única e especial, e a súa diversidade enriquece a nosa contorna escolar e, sobre todo, a aprendizaxe do noso alumnado.
Para conmemorar este día tan especial, preparamos un pequeno obsequio con moito agarimo: un xabón artesanal e unha chapa exclusiva de Polos Creativos, todo impregnado co encantador aroma da lavanda. Este detalle é un símbolo da nosa gratitude e aprecio polas familias que forman parte da nosa comunidade educativa.
A lavanda, coa súa fragrancia calmante e as súas propiedades relaxantes, representa o amor e o coidado que cada familia ofrece a súa cativada. Lémbranos que, sen importar a súa forma, cada familia é un piar fundamental na vida dos nosos pequenos.
Grazas por ser parte desta gran familia escolar! Sigamos celebrando e valorando a diversidade, porque cada familia é unha peza esencial no gran mosaico da nosa comunidade educativa. Medramos Contigo.
Grazas a familia de Pablo por colaborar coa nosa pingüibiblio facendo unha experiencia tan especial. Observamos os nosos cambios no tempo e como fai que cada día sexamos máis maiores e progresemos na vida.
No CRA de Oroso (Colexio Rural Agupado)ofertamos prazas en todas as nosas escolas: Vilacide, Senra, Deixebre e Trasmonte,
para o curso 2024/2025.
O período de reserva de praza abrangue dende o 1 de marzo ao 20 de marzo.
Durante a última semana de febreiro ata o 8 de marzo, en horario de mañá de 12:30 a 13:30, poderedes visitar as escolas e coñecer de primeira man como é a nosa realidade.
Agás o martes 5 de marzo que a visita se realizará en horario de tarde de 16:30 a 18:00.
Só tedes que chamar 628 071 438 e animarvos a coñecer as nosas escolas. Estaremos encantados de recibirvos no noso centro.
Recordámosvos, que podedes matricular aos vosos fillos/as nas nosas escolas aínda que non sexades do Concello de Oroso.
O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparta no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.
O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.