No CRA de Oroso (Colexio Rural Agupado)ofertamos prazas en todas as nosas escolas: Vilacide, Senra, Deixebre e Trasmonte,
para o curso 2024/2025.
O período de reserva de praza abrangue dende o 1 de marzo ao 20 de marzo.
Durante a última semana de febreiro ata o 8 de marzo, en horario de mañá de 12:30 a 13:30, poderedes visitar as escolas e coñecer de primeira man como é a nosa realidade.
Agás o martes 5 de marzo que a visita se realizará en horario de tarde de 16:30 a 18:00.
Só tedes que chamar 628 071 438 e animarvos a coñecer as nosas escolas. Estaremos encantados de recibirvos no noso centro.
Recordámosvos, que podedes matricular aos vosos fillos/as nas nosas escolas aínda que non sexades do Concello de Oroso.
O prazo de presentación de solicitudes para a admisión do alumnado no curso 2024/2025 será do 01.03.2024 ata o 20.03.2024 (ambos incluídos). Só terá que presentar a solicitude de admisión o novo alumnado que pretenda iniciar estudos en calquera nivel e curso que se imparta no centro, é dicir, que o alumnado matriculado no centro neste curso 2023/2024 non terá que presentar a solicitude de admisión.
O anexo II-bis da solicitude deberá estar asinado por todos os membros da unidade familiar, excepto a persoa solicitante, e incluír o consentimento expreso do outro proxenitor. Se se presenta a solicitude a través da aplicación admisionalumnado, o anexo II-bis deberase engadir á solicitude escaneado.
Gran Festival de Entroido no CRA de Oroso. Actuará Brais das Hortas co seu consertado na horta, se o tempo axuda faremos un desfile coas escolas da zona, gran actuación do alumnado do centro e merenda familiar ao rematar.
Este ano traballamos afrontaremos o 30 de xaneiro co lema: BURBULLAS POLA PAZ.Queremos compartir co planeta a importancia deste día e contribuiremos con experiencias específicas e esta canción que forma parte do premio que lle corresponde ao grupo A Música das Baleas, como gañador na categoría infantil do IV Certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar.
O grupo formouse a partir do coro do Ceip de Caión Ceip de Caión que dirixe o mestre Jose Carballido.
O nos máis sinceiro agradecemento por emprestarmos esta canción pola paz.
INICIO DO PRAZO DE RESERVA DE PLAZA PARA O ALUMNADO QUE CONTINÚA ESTUDOS NO CEIP PLURILINGÜE DE SIGÜEIRO.
O alumnado que remata os seus estudos no CRA de Oroso e desexa continuar no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro (adscrito), deberá solicitar a reserva de praza dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (ED 550A).
A solicitude pódese presentar:
- Por vía electrónica, mediante o formulario normalizado disponible na aplicación informática de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Ou presencialmente no CRA de Oroso (nas diferentes escolas), onde se facilitarán impresos de solicitude.
Para calquera dúbida que poidan ter diríxanse á dirección do centro no teléfono 628071438