Skip to Content

Pingüibiblio, voltamos!

03/10/2023 16:30
Europe/Madrid

 

Amigas e amigos voltamos a vernos un ano máis na Pingüibiblio! 

Recordade que as sesións de animación a lectura serán

todos os martes pola tarde de 16:30 a 17:45.

Estou desexando voltar e medrar con vos!

LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 23-24

Publícanse coma adxuntos as listaxes de cadernos para Infantil (Senra e Trasmonte) e libros de texto para Primaria (Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide).

Os días 28 e 29 de xuño actualizouse a listaxe de libros de Primaria, por un erro nos ISBN. Achégase o arquivo coa nova listaxe actualizada.

No mes de setembro cada titora pedirá unha listaxe de materiais escolares (cores, folios, pegamentos, etc...) a cada alumno/a.

Matrícula 23-24

As familias do alumnado que resultou admitido deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño na sede do CRA de Oroso, en Vilarromarís.

https://goo.gl/maps/kf8jWSCAbf9ZGeqi8

O horario será de 10:00 a 13:00 (haberá que pedir cita previa no teléfono 628 07 14 38 ou no mail cra.oroso@edu.xunta.gal). Si algunha familia non puidera asistir nese horario, poderíase concertar cita noutra hora.

Para realizar a formalización de matrícula deben de cubrir o Anexo que se publica como adxunto e achegar a seguinte documentación:

  • Certificación de convivencia do domicilio familiar (solicítase no Concello de residencia).
  • Dúas fotografías tamaño carné do alumno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas ou certificado médico de non ter enfermidades infecto-contaxiosas.

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 22-23

Ao remate do período lectivo dende o CRA de Oroso queremos agradecer a todo o alumnado e familias a súa colaboración ao longo deste curso 22-23. 

Como información relevante para o remate de curso, detállase o seguinte:

  • Notas finais alumnado: O boletín de notas entregarase o mércores 21 de xuño (publicadas en Abalar o 20 de xuño). O prazo de reclamación de notas abrangue dende o 21 ao 23 de xuño.
  • Libros 23-24: Nos vindeiros días publicaremos na nosa web a listaxe dos libros de texto para o curso 23-24 (avisaremos da publicación mediante abalarmobil).
  • Cheques libros 23-24 (alumnado primaria): O prazo de presentación remata o mércores 21 de xuño. As familias que teñan dereito a estas axudas, poderán recoller os cheques na sede de Vilarromarís dende o xoves 22 ao xoves 29 de xuño en horario de 10 a 13. Para a recollida hai que concertar cita previa no 628 07 14 38 ou no correo cra.oroso@edu.xunta.gal (si algunha familia non pode recoller nese horario poderíase ampliar mediante cita previa).

Moitas gracias e bo verán!

Axudas para libros de texto e material escolar alumnado Primaria - Curso 23-24

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24.

So pode solicitar esta axuda o alumnado que vaia cursar algún dos cursos de Educación Primaria no curso 23/24.

O alumnado que vaia a cursar 3º de Primaria no vindeiro curso escolar ten que solicitar esta axuda no centro onde teña adxudicada praza.

O prazo de presentación de solicitudes é do 20 de maio ao 21 de xuño (ambos inclusive). 

Pódese consultar a información relativa a esta convocatoria na Orde de convocatoria. http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B - anexos I e II) accesible desde a aplicación Fondolibros:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

ou na sede electrónica da Xunta de Galicia:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Terase en conta o seguinte:

  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2023/24, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2023/24.

 

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

    a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

    b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

    En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

    Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

    1º. Certificado ou volante de convivencia.

    2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

    Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

    c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

    d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

    e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

    f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

    g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

    h) Outra documentación.

Forma de presentación da documentación:

  • Electrónica: utilizando a aplicación Fondolibros ou presentando solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla) NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación Fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo

A partires do mércores 24 de maio entregarase a cada familia un documento informativo e poderán recollerse os impresos necesarios para a solicitude en cada unha das escolas.

Calendario escolar 23-24

Publicado o calendario escolar para o curso 23-24. Pódese acceder á Orde que regula o calendario na seguinte ligazón

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/39918

As clases comezarán o luns 11 de setembro de 2023 no horario habitual (9:30 a 14:30), excepto para o alumnado que se incorpore por primeira vez ao centro educativo en 4º de Infantil (3 anos).

Segundo o disposto no artigo 4. Actividades de inicio de curso "Os centros docentes que impartan a etapa de educación infantil poderán optar por unha incorporación gradual do alumnado matriculado no cuarto curso da etapa, que non se prolongará máis alá do 15 de setembro de 2023. Para a planificación desta incorporación gradual, os centros docentes terán en conta a escolarización previa do alumnado e a existencia de irmás ou irmáns matriculados no centro, así como as necesidades familiares, garantindo, en todo caso, a atención a tempo completo do alumnado cuxas familias ou representantes legais así o soliciten. As medidas organizativas e pedagóxicas adoptadas para este período deberán ser aprobadas polo claustro de profesorado e incluídas na programación xeral anual". No mes de xuño, as familias deste alumnado serán informadas das condicións para esta incorporación gradual.

 Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2023/24 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos incluídos.

– Entroido: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

– Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos incluídos.

 Ademais dos anteriores, establécese o Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, e que no curso 2023/24 se celebrará o 7 de decembro de 2023.

Como festivos locais, haberá dous días non lectivos ao longo do curso, dos que se avisará coa máxima antelación posible ás familias do alumnado.

Listaxe definitiva matrícula 23-24

Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido para o curso 23-24. Por protección de datos, as familias interesadas poden consultar a listaxe no interior das escolas ou na aplicación admisionalumnado 

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Todo o alumnado que realizou solicitude de admisión para o curso 23-24 foi admitido.

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo - Ministerio Educación

O Ministerio de Educación abre o prazo de solicitude de axudas para alumnado con necesidades epecíficas de apoyo educativo (discapacidade, trastorno grave da conduta ou da comunicación e linguaxe, trastorno do espectro autista, altas capacidades).

O prazo de presentación das axudas é do 8 de maio ao 22 de setembro de 2023. 

Pódese consultar toda a información na web 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Para as familias que vaian a solicitar esta axuda, deben de concertar cita co Departamento de Orientación do noso centro a través da dirección no correo cra.oroso@edu.xunta.gal ou no teléfono 628 07 14 38 (xoves de 9:30 a 12:30 ou venres de 9:30 a 14:30).

Saúdos.

 

Enquisas convivencia 2023

A vindeira semana entregarase a cada familia dúas enquisas sobre a convivencia escolar. 

  • Unha enquisa é da Consellería de Educación para todo o sistema educativo galego. Faise nun formulario online ao que se accede co código individual que se entregará a cada familia. Achéganse como adxuntos unha guía para responder e unha listaxe de preguntas frecuentes. Pódese ver a información neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39783 

 

  • A outra enquisa é do noso centro educativo e faise para actualizar o Plan de Convivencia. Farase nun formulario en papel e entregarase na escola en sobre pechado (luns 8 de maio a venres 12 de maio).

 

Como calquera enquisa, a participación é voluntaria.

 

Grazas pola vosa colaboración.

Listaxe provisional alumnado admitido - Matrícula 23-24

Todo o alumnado que fixo solicitude de admisión para o curso 23-24 no CRA de Oroso resultou admitido.

Debido á normativa de protección de datos a listaxe provisional de alumnado admitido non pode expoñerse ao público, polo que as familias interesadas poderán consultar a listaxe provisional de admitidos no interior da escola onde se fixo a solicitude de matrícula.

As listaxes definitivas publicaranse o 16 de maio.

Distribuir contido


by Dr. Radut