Skip to Content

Volta as aulas

05/01/2024
Europe/Madrid

Recordámosvos que o vindeiro 8 de xaneiro voltaremos as escolas do CRA. Estamos desexando vervos. 

Gañadora no Concurso de Postais de Nadal no Concello de Oroso

Queromos felicitar a Alvira Iglesias Paz polo seu premio nas Postais de Nadal. Moitísimos parabéns!

Bo Nadal

Festival de Nadal

Queridas familias,

o xoves 21 de decembro celebraremos o FESTIVAL DE NADAL do CRA de Oroso no Centro Sociocultural Fernando de Casas e Novoa.


A programación para este día con horarios aproximados é a seguinte:

 

  •  9:30  Recepción do alumnado do CRA no Auditorio.

  •  10:15 - 11:15  Espectáculo de teatro e música a cargo de

    “Migallas”.

  •  11:15 - 12:00  Tempo de preparación do alumnado.

  •  12:00 - 13:00  Actuacións do alumnado.

  •  A partir das 13:00  Pequena merenda na aula da planta baixa do

    centro sociocultural e entrega de cartas aos Paxes Reais.

  • As familias que o desexen ademais de asistir ás actuacións do alumnado poderán acudir á actuación de “Migallas”.

 

Contamos convosco!

  •  

Saída Escolar: Odaiko

Ola peques e familias superxeniais!  Espero que teñades un día cheo de risas e aventuras!  Hoxe temos algo incriblemente emocionante para compartir! 

 

 Atención a todas as persoas melómanas e amantes da música! Algunha vez imaxinaron mergullarse nun mundo cheo de ritmo e percusión? Pois prepárense para unha experiencia máxica e inesquecible! 

 

Hoxe, embarcámonos nunha aventura musical asombrosa! Queromos contarvos sobre a obra musical "Vaia Ritmo" creada polo incrible Odaiko Percussion Group. 

 

Imaxinade un escenario cheo de tambores xigantes, ritmos que fan vibrar o corazón e unha enerxía que che fai bailar nos asentos. Así é "Vaia Ritmo"! 

 

Felicitar ao noso alumnado polo bo comportamento e saber estar. Moitos parabéns sodes as mellores e os mellores!

 

Agradecer tamén a Praza de Abastos de Santiago por colaborar con nós e agasallarnos.

Saída escolar: Odaiko "Vaia Ritmo"

27/11/2023 09:30
27/11/2023 14:30
Europe/Madrid

O luns 27 de novembro ímonos de excursión ao Auditorio da Fundación Obra Social ABANCA para ver o espectáculo titulado: Vaia ritmo!. Esta obra está representada polo grupo Odaiko Percussion Group.

Se queredes saber algo máis sobre o evento so tedes que visitar o segunte enlace: https://escolares.afundacion.org/actividad/vaia-ritmo/

Festa do Outono

No CRA de Oroso celebramos a festa do outono conmemorando o día 25 de novembro: día mundial contra a violencia de xénero.

 

Para iso fixemos unha colaboración conxunta con canción de Tanxugueiras: Que non mo neguen.

 

Ademais de realizar actividades complementarias ao día, xogos populares, merendas sans con froitas da época. Podedes ver os seguintes vídeos para recordar esta maravillosa data.

 

 


20 de novembro: Día Mundial dos dereitos da infancia

20/11/2023 09:30
20/11/2023 14:30
Europe/Madrid

Festa do Outono

24/11/2023 09:30
24/11/2023 14:30
Europe/Madrid

Programas de innovación educativa

O CRA de Oroso está admitido nos seguintes programas de innovación educativa:

- CPINNOVA: Nas modalidades...

Eduinnova, edusaude, Edusostibilidade, Eduexcelencia

- CPINCLÚE: Nas modalidades...

Queda - T, iguala- T, convive - T, inclúe- T,  emociona- T

- PLAN PROXECTA +: Nas modalidades... 

Nutriescolas, mobilidade sostible e segura

 

Distribuir contido


by Dr. Radut