Skip to Content

Fornelos

Visita Museo Liste e Parque de Castrelos

13/03/2018 15:00
13/03/2018 17:00

O Martes 13 de Marzo os alumnos de primaria quedamos en Vigo despois da obra de teatro do Mago de Oz. Visitamos o museo Liste onde aprendimos como se vivía hai moitos anos e comimos no parque que o rodea. 

O rematar de comer fomos ó Parque de Castrelos onde xogamos e desfrutamos ata que foi a hora de voltar para O Rosal.

Publicación en "Sermos escola" - Marzo 2018

15/03/2018 09:00

O xornal "Sernos escola" publicou a dobre páxina unha reportaxe sobre a actividade de matemáticas danzadas realizada no noso colexio. Moitas grazas a este xornal pola difusión!!! Podedes ver as fotos da reportaxe pinchando AQUÍ

Teatro "O Mago de Oz" - Marzo 2018

13/03/2018 09:00
13/03/2018 14:00

O Martes 13 de Marzo os alumnos do CRA visitamos a sala de teatro Ártika en Vigo para desfrutar da obra do "Mago de Oz" da compañía Avento Produccións. Os nenos e nenas pasarono xenial coa obra e o rematar a mesma comimos algo no teatro e as aulas de infantil volveron para O Rosal, e as de primaria visitaron o museo Liste e o parque de Castrelos.

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS - Marzo 2018

05/03/2018 11:15
05/03/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA imos a biblioteca municipal do Rosal para desfrutar dun contacontos con Paco Nogueiras. Imos escoitar varios contos curtos acompañados de música en directo. O alumnado das escolas de Couso, Fornelos e Tabagón van á sesión das 11:15 e o alumnado das escolas de Pías, Marzán e Novás, á das 12:00.

Foi unha actividade xenial. Estivemos con Paco Nogueiras e contounos tres contos moi chulos: "A horta de Simón", "Grisela" e "Tomás o bromista", coa axuda do acordeón e do ukelele co que nos fixo cantar e bailar a todos.

 

 

Día "A nena na Ciencia" - Febreiro 2018

16/02/2018 09:00
16/02/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA celebraron nas súas aulas o día da nena na ciencia, e para facelo realizaron diferentes experimentos que resumimos en un video.


 

Entroido - Febreiro 2018

09/02/2018 09:00
09/02/2018 14:00

Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio cunha bata, cos calcetíns por enriba dos pantalóns, coa roupa do revés... O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio fíxolle unha homenaxe a unha muller: a escola de Pías vestíuse de Pippi Langstrump, a de Novás de piratas  en honra a Mary Read, a de Fornelos de Hipatía de Alexandría, a de Couso de Monstruo de Cores en honra a Ana LLlenas e as de Tabgón e Marzán de Cleopatras.

Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.

Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.

Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de cociña en familia do CRA.

E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 8 (31-01-18)

31/01/2018 12:00
31/01/2018 14:00

Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Fornelos, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron diferentes conceptos coma o círculo (facendo círculos, atopando o centro...), xogos de imitación, e traballamos con cancións como "Abre a Roda", "Ballo dei gobbi", "Centro ó centro" ou "Sete xestos". Para rematar fixemos, cun novelo de lá, unha arañeira pasándonolo e dicindo nome de a quen llo tirabamos, e logo decirlle algo de despedida a Mercedes. 

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 7 (24-01-18)

24/01/2018 12:00
24/01/2018 14:00

Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Novás, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron diferentes conceptos a través das cancións "Abre a roda", "Hockey Pockey", "Os sete xestos", "Miriu Allá" ou "Centro ao centro", e tamén escribiron os números do 10 ó 1 e do 20 ó 11 en orde descendente e os números pares ata o 18.


 

                                          

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 6 (17-01-18)

17/01/2018 12:00
17/01/2018 14:00

Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Na sexta sesión que se levou a cabo na escola de Fornelos, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, fixemos un corro escoitando música do Brasil, aprendemos a atopar o centro dunha circunferencia con cordas e seguimos traballando as nocións dereita-esquerda.


MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 5 (10-01-18)

10/01/2018 12:00
10/01/2018 14:00

Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Novás, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron, entre outras cousas, os diferentes agrupamentos empregando as sumas e restas, fixeron diferentes tipos de camiños (curvos e rectos), imitáronse os uns ós outros así como diferentes aspectos bailando o chotis.

                                          

Distribuir contido


by Dr. Radut