Skip to Content

Entroido - Febreiro 2018

09/02/2018 09:00
09/02/2018 14:00

Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio cunha bata, cos calcetíns por enriba dos pantalóns, coa roupa do revés... O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio fíxolle unha homenaxe a unha muller: a escola de Pías vestíuse de Pippi Langstrump, a de Novás de piratas  en honra a Mary Read, a de Fornelos de Hipatía de Alexandría, a de Couso de Monstruo de Cores en honra a Ana LLlenas e as de Tabgón e Marzán de Cleopatras.

Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.

Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.

Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de cociña en familia do CRA.

E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.



actividade | by Dr. Radut