Skip to Content

Visitas das aulas

Visita da escola de Fornelos - Xaneiro 2019

16/01/2019 09:00
16/01/2019 14:00

O pasado 16 de Xaneiro a escola de Fornelos foi visitar a biblioteca. Alí, dividíronse por grupos e fixeron co mestre Moncho uns debuxos con area tinxida. Ademais tamén xogaron a dous xogos que lles trouxo o Apalpador: un encrucillado e o xogo do "Aforcado". Aproveitamos e escoitamos a canción do Día da Paz e xogamos a diferentes xogos.

Para rematar, os alumnos e alumnas de primaria contaron uns contos para despedir o día.

 

 

 

 

Visita das escolas de Novás e Tabagón - Novembro 2018

15/11/2018 09:00
15/11/2018 14:00

O Xoves día 15 os nenos e nenas das escolas de Novás e Tabagón foron pasar o día á biblioteca.

Como sempre que visitamos a biblioteca pasamos un día diferente. Primeiro apagamos as luces e pechamos as cortinas para ver un libro de imaxes que a mestra Rocío proxectaba cunha lanterna nunha saba. Ás nenas e os nenos encantoulles e mesmo inventaron as súas propias historias sobre o mesmo.

Ademais, coloreamos un debuxo que despois, coa axuda da tablet e dunha aplicación de realidade aumentada, convertimos en realidade. As nenas e nenas quedaron coa boca aberta cando viron que o seu debuxo saía do papel!!

Para rematar, o alumnado de primaria contoulles contos ó de infantil. Foi un día xenial!!!

Visita da escola de Pías - Outubro 2018

30/10/2018 09:00
30/10/2018 14:00

O Martes 30 de Outubro ó colexio de Pías tocoulle visitar a biblioteca.

Aproveitando que o día seguinte era samaín decoramos cabazas, contamos algún conto de medo e incluso fixemos a nosa propia historia coa axuda dun libro de sombras.

Visita da escola de Couso - Outubro 2018

10/10/2018 09:00
10/10/2018 14:00

O Mércores 10 de Outubro os nenos e nenas do Couso tiveron a oportunidade de pasar o día na biblioteca. 

Nesta visita, ademais de gozar e desfrutar cos libros da biblioteca, os nenos e nenas aproveitaron o bo día que facía para saír e recoller follas das árbores, que despois aproveitaron para facer diferentes actividades relacionadas co outono.

Visita da escola de Novás - Outubro 2018

09/10/2018 09:00
09/10/2018 14:00

O Martes 9 de Outubro foi o turno da escola de Novás de visitar á biblioteca.

Aproveitamos a visita para ir cos nenos e nenas da escola de Tabagón a recoller millo, pero tamén tivemos tempo para que a mestra e o mestre nos contaran algun conto e incluso para que algún neno de primaria contara un conto ós seus compañeiros. 

Visita da escola de Fornelos - Outubro 2018

03/10/2018 09:00
03/10/2018 13:13

O Mércores 3 de Outubro os alumnos e alumnas de Fornelos de primaria e infantil visitaron a nosa biblioteca.

Na sua visita desfrutaron moito en contacto cos libros e aprenderon a calcar debuxos empregando unha caixa con xelatina que trouxo Moncho e papel de calcar. Os nenos sorprendéronse moito vendo como o debuxo quedaba no papel que eles poñían.

Ademais cada neno e nena escolleu entre todos os libros da biblioteca tres contos para levar a súa aula, e que devolverán na próxima visita que farán o próximo mes.

Distribuir contido


by Dr. Radut