Skip to Content

Fornelos

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 4 (13-12-17)

13/12/2017 12:00

Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Na cuarta sesión que se levou a cabo na escola de Fornelos, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron as rectas e curvas representandoas co seu propio corpo, as sumas dunha cifra máis a que lle faltaba para chegar a dez, e tamén representaron figuras con liñas pechadas rectas ou curvas.

                                          

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 3 (29-11-17)

29/11/2017 12:00

Os alumnos de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito os alumnos aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Esta terceira sesión tivo lugar na escola de Novás e nela os alumnos e alumnas traballaron diferentes conceptos como dentro/fora, o concepto de volta, media volta e cuarto de volta, e diferentes actividades con tapóns traballando a roda, a curva aberta, pechada, ou a descomposición do número 6.   

                                   

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 2 (22-11-17)

22/11/2017 12:00

Os alumnos de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito os alumnos aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Nesta segunda sesión levada a cabo na escola de Novás, os alumnos repasaron os conceptos aprendidos na anterior sesión e ademais traballaron o círculo e diferentes rectas e curvas empregando o seu propio corpo.

                                      

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 1 (15-11-17)

15/11/2017 12:00

Os alumnos de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito os alumnos aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Nesta primeira sesión levada a cabo na escola de Fornelos, os alumnos presentáronse facendo un xogo cun novelo de lá e traballaron algunhas figuras como os triángulos, cuadriláteros, pentágonos... aproveitando a arañeira que formaron co novelo. Logo desto, fixeron diferentes xogos onde os nenos andaban, saltaban, bailaban... seguindo as ordes de Mercedes.

 

III CONCURSO FOTOGRÁFICO "COCIÑANDO EN FAMILIA" - Xaneiro 2018

08/01/2018 09:00
19/01/2018 14:00

 Por tercer ano o noso colexio volve a levar a cabo o concurso fotográfico para os nenos e familias. Este ano a temática irá enfocada á cociña en familia, polo que dende o 8 de Xaneiro ata o 19 dese mesmo mes os alumnos poderán entregar os seus traballos.

ANIMAMOS A TODAS AS FAMILIAS A PARTICIPAR!!! MANS Á OBRA!!!!

                                    

 

Visita dos Reis Magos - Decembro 2018

20/12/2017 09:00
20/12/2017 14:00

O pasado Mércores 20 de Decembro os alumnos do CRA recibiron a visita das súas maxestades nas escolas. Como foron moi bos durante todo o ano trouxéronlles moitos regalos e os nosos nenos agradecéronllo adicandolle un baile.

                                    

 

Revista "O Bufo Fich nº8" - Xuño 2017

30/06/2017 09:00
30/06/2017 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a oitava edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!

Preme aquí para descargala en formato "pdf".

Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Convivencia na casa de Moncho e Toia - Xuño 2017

22/06/2017 18:30
23/06/2017 11:00

As nenas e nenos de Educación Primaria de Fornelos imos á casa do noso titor Moncho. Chegamos pola tarde, imos a bañarnos en Padín, ata onde imos de camiñata. Despois ceamos e durmimos na súa casa. Pola mañá almorzamos alí e saímos camiñando ata a escola.

 

Festa de fin de curso - Xuño 2017

22/06/2017 09:00
22/06/2017 14:00

Xa está... O curso 2016-17 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Obradoiro musical paxaros - Xuño 2017

21/06/2017 09:00
21/06/2017 14:00

Visítanos na aula de primaria de Fornelos Emilio, que nos vai poñer varias pezas musicais para escoitar nas que aparecen diversos animais dalgunha maneira e despois comentámolo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut