A NOSA AULA DE COUSO

A aula de COUSO está situada na parroquia do mesmo nome do Concello de Gondomar, podedes ver a localización exacta AQUÍ

O horario da aula é de 9 a 14h de luns a venres.

Non dispón de servicio de transporte nin comedor.

A casiña da escola está formada por dous espazos interiores e un espazo exterior que na actualidade se utilizan indistintamente ao longo da mañán. Ten tamén un amplo espazo de entrada que se utiliza para cambios de calzado e roupa e sirve de punto de encontro a primeira hora e de lugar de despedida á última.

Neste video nos podedes acompañar nun paseo polos diferentes espazos, tal e como o atoparíades calquera mañán deste 2021 ao chegar á escola.