Aulas

AS NOSAS AULAS DE PEITIEIROS

As aulas de Peitieiros se atopan na parroquia do mesmo nome do Concello de Gondomar, xusto enfronte do noso centro adscrito CEP Neira vilas, se queres ver a localización exacta pulsa AQUÍ

Na escola de Peitieiros contamos con 2 aulas: Peitieiros A e Peitieiros B. Cada aula conta cun espazo propio interior con baño e comparte o espazo exterior que este curso como medida para preservar os grupos de convivencia estable atopase dividido en dous espazos diferenciados.

Na aula de Peitieiros A o espazo de cambio de calzado e roupa atopase dentro da propia aula e en peitieiros B nunha pequena zona do porche exterior.

Esta aula conta tamén cun porche cuberto que se atopa tamen dividido temporalmente en dous espazos difernciados por mor da COVID.

O horario da aula é de luns a venres de 9.30h a 14.30h.
Non dispón de servicio de transporte pero o alumnado de estas aulas benefícianse do uso do comedor do centro adscrito CEP Neilra Vilas. O servizo é alleo ao noso centro e o xestiona a Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar. Para máis información vos deixamos o enlace e o número de telefono a continuación.
https://concellodegondomar.gal/es/concellarias/benestar-social-e-sanidade/contacto-benestar-social-l
Benestar Social: 986 360 168

Se nos queredes acompañar , nestes videos vos mostramos as aulas tal e como as podedes atopar calquera mañán deste curso 20/21.

A NOSA AULA DE VILAZA

A aula de VILAZA está situada na parroquia do mesmo nome do Concello de Gondomar, podedes ver a localización exacta AQUÍ

O horario da aula é de 9 a 14h de luns a venres.

Non dispón de servicio de transporte nin comedor.

A casiña da escola está formada por dous espazos interiores e un espazo exterior que na actualidade se utilizan indistintamente ao longo da mañán. Ten tamén un amplo espazo de entrada que se utiliza para cambios de calzado e roupa e sirve de punto de encontro a primeira hora e de lugar de despedida á última.

Neste video nos podedes acompañar nun paseo polos diferentes espazos, tal e como o atoparíades calquera mañán deste 2021 ao chegar á escola.

A NOSA AULA DE GUILLUFE

A aula de GUILLUFE está situada na parroquia de Morgadans do Concello de Gondomar, podedes ver a localización exacta AQUÍ

O horario da aula é de 9 a 14h de luns a venres.

Non dispón de servicio de transporte nin comedor.

A casiña da escola está formada por dous espazos interiores e un espazo exterior que é tamén parque público e que na actualidade se utilizan indistintamente ao longo da mañán. O espazo que se utiliza para os cambios de calzado e roupa se atopa integrado dentro da propia aula.

Neste video nos podedes acompañar nun paseo polos diferentes espazos, tal e como o atoparíades calquera mañán deste 2021 ao chegar á escola.

Distribuir contido