Skip to Content

Escola de San Paio

BO NADAL E FELIZ 2018!!!

Aquí vos deixo algunha das actividades que fixemos durante este mes de decembro.

Tamén cun mercadillo solidario no que xuntamos moitos xoguetes, algúns intercambiámolos entre nós e os outros donámolos a Caritas.

O NOSO PARQUE NOVO

Estamos felices co noso parque novo. Ten uns hortos nos que plantaremos alimentos ecolóxicos.

 

PINTO O MUNDO DE CORES

Na miña labor docente utilizo a poesía como recurso que axudará os meus alumn@s a comprensión do mundo e que os aproximará a un modelo de linguaxe lúdico, afectivo, ritmico, musical, corporal e que estimula a imaxinación dos nenos. Canto máis cedo reciban estos estímulos máis facilidade terán de desenvolver a súa linguaxe.

Este trimestre traballamos varios poemas, "Pinto o mundo de cores" foi un deles:

Pinto de azul os ollos, o mar e o ceo.

Pinto de verde o repolo, a oliva e o loureiro.

Pinto de vermello o sangue, o carabel e o sarampelo.

Pinto de blanco a noiva, a neve e o talco.

Pinto de amarelo o sol, o xirasol e o marmelo.

Pinto de negro a noite, o carbón  e o cabelo.

 Se queres ver máis pincha AQUÍ

 

PARABÉNS YAGO

Hoxe 27 de novembro, Yago cumple 6 anos. Parabéns Yago!!!!!

SAMAÍN 2017

Samaín xa pasou e aquí vos deixo un video que reflexa o ben que o pasamos. Pero cuidado cos que teñan problemas de corazón porque ao final do video pededes pasar un pouco de medo JAJAJAJAJAJA

QUEIMAN A NOSA TERRIÑA

Dende a nosa escola estamos moi triste porque feriron a nosa terra. O noso rexeitamento.

O IOGA SÉNTANOS BEN

O ioga é moi beneficioso para os máis pequenos xa que os axuda a canalizar a súa enerxía e a reafirmar a súa autoestima. Aos nen@s máis activos axudaos a aprender a relaxarse e concentarse máis, mentres que tamén fomentará que os nen@s máis calados perdan o seu medo ante os demáis e se abran ao universo que os rodea. Por iso na escola de San Paio imos a practicalo dunha maneira lúdica (cancións, contos, xogos...) Aquí vos deixo algunhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.

XAIME PLANTOU UNHA LANDRA...

Así comeza unha historia sinxela e tenra sobre a vida dun carballo que vota raíces tras superar moitos avatares que lle surxen, dende que tan só é unha pequena landra. Tim Bowley, o escritor desta historia, danos unha lección de perseveranza, respeto e amor pola natureza.

BENVIDOS AO CURSO 2017-2018

Superada a primeira semana de curso e con moitas ganas de pasalo ben. 

Benvidos a todos/as!!!!

CURSO 2015/2016

Este curso publicaremos as nosas experiencias e aprendizaxes no blog da "Escola de San Paio".

Preme na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut