Skip to Content

Escola de San Cristovo

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O 5 de xullo celebrouse o día internacional do medio ambiente, e dende a nosa escola tamén quixemos seguir traballando sobre ese tema; concienciando os/as nenos/as sobre a importancia de reciclar e cuidar e manter o noso entorno limpo para ter un ambiente saudable.

PRIMAVERA EN SANCRISTOVO

Outro ano máis, cando chega a primavera na nosa escola plantamos o noso pequeno horto: unhas leitugas, fresas e unhas petunias para que esté máis bonito o noso patio. Grazas, outra vez, o avó Jaime  por seguir  transmitíndonos unha actitude de respeto e gusto polas plantas.

Este ano ademáis estudiamos as plantas aromáticas que tamén temos no horto. Cheirámolas, observamos como son as súas follas... e os de primaria fixeron un libro co seu nome, se necesita moita ugua, sol, uso (cociña, médico...) que podédelo ver no blog da nosa biblioteca.

DÍA DA FAMILIA

Coma todos os anos o 15 de maio celebramos o Día da Familia, facéndonlle un bonito agasaio a cada unha das nosas familias.  Aquí vos deixamos as fotos das caixas que fixemos que coma todos os anos leva o motivo da nosa mascota da biblioteca: a xoaniña Rosalía.

OS OFICIOS

Estos días estivemos traballando os oficios. Agradecer a mamá de Martín por explicarnos o seu traballo e os profesores de Vilamarín por deixarnos ser cociñeiros por un día.

OS ANIVERSARIOS DO MES DE MARZO

PARABÉNS GABRIEL, DANI E SAMUEL!!!!!

ENTROIDO 2017

VIAXE Á ANTÁRTIDA

A semana pasada viaxamos á Antártida a visitar aos pingüíns, animal que estivemos estudiando estas semanas. Aprendemos o lonxe que estaba. Collimos un autobús ata Vigo, tres avións de Vigo a Madrid, outro de Madrid a Bos Aires e o último de Bos Aires a Ushuaia, o sur de Arxentina e un barco. Despois de tantas horas subindo e baixando en distintos medios de transporte por fin chegamos ao continente antártico, que é o continente máis austral da terra. Situado no polo Sur xeográfico.

O continente é frío e moi seco por iso tivemos que abrigarnos moito. Alí vive moi pouquiña xente pero sí que poidemos disfrutar das grandes colonias de pingüíns que habitan nel. Foi un ratiño moi divertido e ata fixemos neve para que a viaxe fose máis real, pero os máis pequenos só preguntaban cando íamos de verdadeSorriso.

 

O PROXECTO DE INFANTIL: OS DINOSAURIOS

O curso pasado comezamos cun proxecto que non poidemos rematar. O tema fascinoulles xa que lles encantan os animais, queren sabelo todo, como foi neste caso: que comían, cando se extinguiron, as partes do seu corpo, como nacen, o seu hábitat, ou simplemente, se teñen mamá ou papá. Así que neste curso 2016-2017 seguimos sendo a aula dos DINOSAURIOS FELICES!

O ano pasado xa fixemos algunhas actividades que deixo aquí para que as vexades.

A profe María presentounos un conto feito por ela que inda este ano seguimos lendo e facendo actividades a partir dese conto: plásticas, de relaxación,...

Distribuir contido


by Dr. Radut