CÓMO FERMENTAS TI O GALEGO???

O venres 21 de xuño @s nos@s alumn@s fixeron de reporteiros e entrevistaron aos seus pais.

OBRADOIRO DE CESTERÍA

O mércores 19 de xuño fomos ao Museo Etnolóxico de Ribadavia para visitar unha exposición relacionada coa cestería e os teares. Ademáis fixemos un obradoiro cos monitores de Xeitura. Cada neno e nena levaron para a súa casa unha cesta feita por eles.

MUSEO DO POBO GALEGO

O martes 18 de xuño @s alumn@s de tres e catro anos fomos a visitar o Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

O Museo do Pobo Galego é unha institución privada dedicada ao estudo, a promoción e a difusión do patrimonio histórico-antropolóxico e da cultura galega en todos os seus ámbitos.

RECOLLIDA DO PREMIO DE PILABOT

O martes 18 de xuño desprazámonos ata o MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en  Santiago de Compostela a entrega de premios de PILABOT.

No acto estiveron presentes Laura Alonso (Directora Xeral de ERP España), Julio Lema (Delegado de Ecopilas) e Ánxeles Vazquez (Conselleira  de Medio Ambiente, territorio e Vivenda).

Entregáronnos o primeiro premio da categoría B (pilas recollidas por alumno), dotado con 2500 euros e o terceiro premio de fotografía #eusonpilabot dotado cunha pulseira fitness para a nosa alumna de Francelos, Nerea López.

XOGOS POPULARES

Repasando algún xogo popular como A mariola ou o 7 e medio. A xogar!

 

ANDAINA

O martes 14 de maio realizamos unha andaina pola ribeira do río Avia. Acabamos na casa da cultura disfrutando dun concerto...Que calor!

CONCERTO DIDÁCTICO 2019

O martes 14 de maio asistimos ao Concerto Didáctico 2019 "A MÚSICA POLO MUNDO" organizado pol@s alumn@s e mestr@s do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de música de Ribadavia no Auditorio da Casa da Cultura.

Asistimos alumn@s de diferentes colexios: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CEIP San Salvador de Arnoia, CEIP Pena Corneira de Carballeda de Avia, CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro, CEIP Otero Novas de Cortegada, CEIP de Punxín e o CRA Amencer de Ribadavia.

Foi unha viaxe polo mundo coñecendo moitos países e escoitando a súa tradición musical.

VISITA AO CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

O martes 14 de maio levamos aos alumn@s de 2º de primaria a coñecer o seu futuro colexio, o CEIP Plurilingüe de Ribadavia.

O seu director Víctor ensinounos as aulas, a biblioteca, a aula de música, o comedor,...

MULTIXOGO

O mércores 8 de maio participamos nunha xornada de convivencia e xogo no pavillón municipal. Practicamos saltos, carreiras, lanzamentos, balón pé, brilé...Pasámolo xenial!
 

ENTROIDO 2019

Etiquetas :

Este ano disfrazámonos de xoaniñas, cervos e mouchos, xa que estamos traballando sobre os bosques.

Tivemos un taller de maquillaxe, fixemos un percorrido polas rúas de Francelos e para rematar unha merendola na Fontiña Mariña (antiga escola de Francelos).

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos!!!!!!

Darlle as grazas a todos os pais, nais, avós e avoas que nos acompañaron neste día.


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design