Skip to Content

blogue deadmin

VACANTES PARA O CURSO 2016/17

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016-17

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición (Reserva de Praza para cambiar dun centro a outro adscrito, do 1 ao 15 de febreiro)

 

Publícanse os formularios de solicitudes e a propia orde:

- Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

- Anexo I: Reserva de praza

- Anexo II: Formularios de admisión e matrícula

 

BO NADAL

TODO O PROFESORADO DO CRA AMENCER DESÉXAVOS UNHAS BOAS FESTAS A TOD@S

BO NADAL

ESCOLA, APRENDIZAXE E COLABORACIÓN NA NUBE

O vindeiro 10 de outubro celebrarase a conferencia final do proxecto RuralSchoolCloud, onde o noso centro participará cos outros tres CRAs participantes no proxecto (CRA de Vilaboa, CRA de Boqueixón-Vedra e CRA de Ponteceso).

Será un animado encontro entre docentes galegos e europeos, investigadores e técnicos do proxecto, futuros profesores, lexisladores educativos... onde se presentarán as experiencias de dous anos de traballo "na nube" en 6 países europeos e o produto final do proxecto, a guía "Aprendendo na nube".

Pincha na imaxe se queres ter máis información

Salón Noble de Fonseca

Distribuir contido


by Dr. Radut