Skip to Content

contador gratis para blog

6º Infantil

OPERACIÓN KILO E RECOLLIDA DE XOGUETES EN COLABORACIÓN COA CRUZ VERMELLA

 

 

      Un ano mais o Cole colabora coa Cruz Vermella na campaña de Nadal de recollida de alimentos e xoguetes.

     Este ano pregámoslles doen alimentos e produtos infantís para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, principalmente.

Moitas grazas polo seu esforzo e colaboración  

Coñecendo o noso corpo.

Apredendo a coñecer o noso corpo descubrimos que os nosos dedos agochan algo que nos fai distintos de tódolas demais persoas, é a nosa pegada dactilar.

Agora sabemos que nunca desaparece, que é única e que non cambia co tempo.

Para rematar cada un decorou unha colorida árbore coas súas pegadas e despois entre todos fixemos unha para a clase onde aparecen as pegadas de todos e que quedará como recordo do noso paso pola aula de 5 anos.

 

Actividades Extraescolares organizadas pola APA CEPI

 A ANPA CEPI organiza as seguintes actividades extraescolares.

Todas as actividades serán de 15:00 horas a 16:00 horas aproximadamente para o alumnado de E. Infantil e Primaria.

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Informática  (Infantil)

Aula de Infórmatica 1º piso

Patinaxe

 Pavillón

 

Informática  (Primaria)

 Aula de Infórmatica 1º piso

 

Música e Movemento

(Haberá dous turnos alternos, de 15:00 a 15:45 horas e de 15:45 a 16:30 horas)

Aula de Música

Taller de Talleres

 Corredor do 2º andar do Edificio de Principal

 

 

 

GALERIA DE IMAXES DO MAGOSTO DO COLE DE CEA

Xa temos aquí as fotos da xornada de xogos, xincanas,...a degustación de castañas asadas e da amenizada polo grupo Os Biruxes e as noso alumnado pandereteiro...

 

Día dos dereitos dos nenos e nenas.

No día dos dereitos dos nenos estivemos a aprender cales son os seus dereitos. Queremos compartir con todos vos este vídeo que atopanos en internet e que nos gostou moitísimo.

A castaña máis castaña de tódalas castañas.

É outono e na aula de 5 anos nestes días a protagonista foi a castaña. Preparándonos para o Magosto, traballamos coa raíña da festa. Os artistas puxéronse mans á obra e aquí tedes o resultado: A castaña máis castaña de tódalas castañas.

De aquí para alá... con Lydia Botana

Aquí tedes unha galería de imaxes do concerto De Aquí para alá... co que gozamos moito. Foi no auditorio do Carballiño e compartimos xornada con nenas e nenos de outros centros da comarca.

Traballando no outono coas mans.

Traballando coas mans, amasando a plastilina, modelando, coloreando e recortando apareceu na aula de 5 anos este montón de cogomelos que ó pé do castiñeiro serven de casiña para os ananiños.

É tempo de Samaín

É tempo de Samaín. É tempo das cabazas, trememos de medo. Pasámolo ben. Queredes saber por que?

Durante toda a primeira semana de novembro o alumnado de infantil realizou actividades relacionadas co Samaín: na pizarra dixital interactiva, usando pintura de dedos, decorando a clase. Contamos ademais coa colaboración de todas as familias na elaboración das típicas cabazas desta época. Aquí tedes unha galería de imaxes que ilustra os seus traballos.

Magosto 14

Chega o magosto. Gústavos o noso cartel? Son as nenas e nenos de 3 anos de Infantil. Como é 2014 pois dixemos, veña, o magosto para o 14. Así que preparade para asar as castañas, comer os chourizos e botar unhas cantigas. Este ano non cantaremos sós, temos a actuación estelar d'Os Biruxes que veñen, ademais, cos seus amigos da residencia de maiores da Saleta. Botaremos o verdegaio, o galo e outras pezas populares. E haberá tempo para xogos populares coma o pano, a carreira de sacos, etc. E tamén para chinar a cara que é o que máis nos gosta. Se o día ven bo iremos ao campo da SaletaE se chove temos plan B no polideportivo do centro. Que viva o magosto!!

Distribuir contido


by Dr. Radut