Skip to Content

contador gratis para blog

Educación Física

NOVA EDICIÓN DE XOGADE: CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO

 

Esta mañá o alumnado de 4º-5º e 6º de Primaria acudiron a Puzo do Lago para realizar a segunda parte da carreira de campo a través en Puzo do Lago (Maside).

Disfrutaron dunha xornada de confraternización con outros nenos e nenas dos coles da comarca e da natureza. Non fixeron grandes marcas pero gozaron participando nesta actividade e animando aos/ás seus/súas compañeiros/as!!

 

GALERIA DE IMAXES DO CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO

Esta mañá o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nunha nova actividade do Programa XOGADE, concretamente en Campo a Través en Puzo do Lago

 

Derradeira xornada do XOGADE: Atletismo!

Remata o curso e con el as diferentes actividades nas que participa o noso CPI. O pasado 21 de maio o alumnado de 5º e 6º de primaria voltou ao pavillón de deportes de O Carballiño para participar na derradeira das actividades englobadas no Programa Xogade. Desta volta gozamos dunha divertida xornada Xogando ao Atletismo con outros centros da comarca. Carreiras individuais, carreiras de relevos, lanzamentos de peso e xavelina, saltos de lonxitude... Aí vos vai unha mostra do que estivemos a facer...

Xogade - Mini balonmán

Nova galería de imaxes do noso paso por unha nova xornada de Xogade. Desta volta tocoulle a Carballiño e fomos participar nun campionato comarcal escolar de minibalonmán.

 

Xornada de Deporte Escolar en Amoeiro

Na xornada do mércores 26 de marzo o alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria acudiron a Amoeiro para participar no encontro de fútbol sala escolar dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Celebráronse cinco partidos entre os equipos de Amoeiro, Carballiño, Cambeo e Cea. Aquí vos deixamos unha galería de imaxes que ilustran esta xornada de convivencia entre o alumnado da zona.

 

Carreira en Maside

Continuando na liña do artigo recentemente publicado sobre unha visita ao teatro, o alumnado do centro ponse aos mandos da web e, tal que xornalistas, informan das súas actividades escolares e complementarias. Nesta ocasión son as nenas e nenos de 3º de Primaria os que nos achegan unha crónica da xornada de Deporte Escolar celebrada en Maside na que competiron nunha carreira campo a través con alumnado doutros centros da comarca.

Esta carreira foi moi dura, pero aínda así divertímonos. Os nenos eran moi competitivos, tal vez demasiado. O centro vencedor foi o colexio da Uceira. Tamén todos os centros recibiron un trofeo.
Temos moitas anécdotas que contar: Unha nena caeu ao chan porque a empurraron e sangroulle o nariz. Como había moito barro a unha nena saíuselle o zapato do pé e andaba tirando del para sacalo de alí. Había un cabalo que mexou e corría moito e aos nenos resultoulles moi gracioso. Un neno estaba correndo, caeulle un zapato e despois seguiu correndo con el na man. Despois da carreira déronnos barriñas enerxéticas. Un dos nosos compañeiros de 3º de Primaria, David Fernández Rodríguez, quedou en 5º lugar.

Magosto para todas

Uns cantos xogos populares, o auténtico mestre asador de castañas coa súa escumadeira máxica e unhas cantigas populares e xa temos a festa. Que viva o magosto participativo das nenas e nenos de Cea.

Xadrez con Dragan Paunovic

Na tarde do mércores 29 de maio recibimos no noso centro ao grande mestre de xadrez Dragan Paunovic, o campión serbio e director do Club de Xadrez Chantada. Estivo celebrando 14 partidas simultáneas co noso alumnado e profesorado. Despois dos primeiros momentos de nerviosismo souberon poñer en práctica todo o aprendido durante o torneo de xadrez celebrado no noso centro durante o mes pasado. Dragan valorou positivamente a actividade e deulle a cada partida un carácter didáctico. Finalmente felicitou a todos os participantes, especialmente a aqueles que souberon plantarlle cara. 

Máis deporte escolar

O pasado 22 de maio, celebrouse no “Paco Chao” do Carballiño unha nova etapa do Xogade – Deporte Escolar neste curso académico. Tratábase de “Xogando co Atletismo”, onde seis centros da comarca do Arenteiro nos dimos cita de novo. Probas de velocidade individuais e por equipos, lanzamentos e probas de habilidade e multisaltos, conformaron o calendario do día.

Como o máis importante era participar e pasalo ben, obxectivo conseguido!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut