Skip to Content

1º PRIMARIA, 2º PRIMARIA, 3º PRIMARIA, Educación Física, Inglés, Música, Plástica, Relixión, AL, PT

Ande ande ande, o cole de Cea

Ande ande ande, o cole de Cea, ande ande ande que hoxe está de festa. Así remataron os nosos Cantos de Nadal 2013 todos xuntos, alumnado e profesorado cantando para despedir o 2013. Xuntámonos no ximnasio, que é un lugar con non moi boa acústica, para botar unhas panxoliñas. Pero non hai nada que non solucione o entusiasmo e o bo facer das nenas e nenos do cole. E así foron sonando: The First Noel, dos de sexto, Vinde ver o neno con quinto de primaria, Con un sombreiro de palla co alumnado de segundo ciclo, Tan tan os do primeiro e un repertorio variado interpretado polos de Infantil. Todo enlazado cunhas presentacións super divertidas dos de 4º da ESO. Entre elas o gran éxito do sketch do ano pasado: O Sacho Antón, que pronto poderedes ver no youtube. A foto ilustra exactamente ese momento no que Jota e Crespo interpretan esa teletenda tan disparatada.

DINOEXCURSIÓNNNN GRAAURRR

É tempo de nadal, panxoliñas, turrón, festa. Tamén de exames e avaliacións no cole. E con todo isto aínda nos queda tempo para unha excursión. Nesta ocasión fomos as nenas e nenos do segundo ciclo de Primaria ao IFEVI de Vigo ver a exposición Days of the Dinosaur. Unha experiencia xurásica!!! Alucinamos e aprendemos ao mesmo tempo coas historias destes auténticos reis da Terra. Agora somos uns auténticos expertos do Paleozoico, do Mesozoico e máis do Cenozoico. Os dinosauros xa non teñen segredos para nós, aínda que cremos que é mellor velos así, como fósiles, que o que sería atoparse con un de verdade.

Meu amor estoupa!

A nena e o Grilo nun Barquiño é un conto musical tan bonito que non lle gusta só aos pequenos. Os profes tamén imos cantando no autobús as cancións! Tivemos a oportunidade de que o noso amigo Magín Blanco nos convidase a subir con el ao escenario para acompañalo na derradeira canción do concerto. Como uns auténticos músicos encamiñámonos cara a escea e comezamos cantar o "Meu amooor estoupa, pooor deeentro da roupa..." E foivos unha experiencia ben linda, porque logo viñamos moi contentos de volta. Para inmortalizar este momento fixemos un vídeo. Así podemos lembralo para sempre e tamén que as mamás e o papás o poidan ver na casa.

 

O Violoncello

Comezamos a semana cun violoncello na aula. Belén López Bouzo visitou o noso centro para ensinarnos as características deste instrumento de corda fretada. A caixa de resonancia, as cordas, o arco, a pica e sobre todo a técnica para tocar. Estivemos ben atentos á súa explicación. Tamén puidemos practicar algúns de nós a tocalo. Foi ben interesante, pero sen dúbida o que máis nos gusta é ver a un profe intentalo. Aí é cando abrimos ben os ollos. Ademais de todo isto puidemos escoitar un anaquiño do Preludio da Suite para Cello nº 1 de Bach e outro do Himno da Alegría da 9ª de Beethoven.

 

Kiko da Silva

Un dos mellores debuxantes e ilustradores que hai. Un xenio co rotulador e tamén un mestre á hora de divertirnos. Seguro que coñecedes a algún dos personaxes, como Fiz, ou algún dos seus proxectos, como a revista Retranca ou a revista Oink. Pero o que igual non sabedes é que ademais de autor de comic é profesor e empresario. Hai dous anos abriu en Pontevedra a existosa escola profesional de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O venres 29 de novembro visitou o noso centro en sesión dobre, primeiro unha clase para o alumnado de primaria e despois unha sesión de formación co profesorado. Ademais de aprender moito deixounos un regalo en forma de debuxo. A partir de agora xa nos resultarán familiares palabras como: cliché, síntese, repetición, grafismo, viñeta... Ou nomes tan importantes na historia do audivisual como o de Winsor McCay, o creador dos debuxos animados en... 1911!!!

 

 

 

Panxoliñas que viaxan no tempo

É un auténtico privilexio e unha honra que nos visiten as Avoas da Residencia A Saleta de Cea. Elas son as auténticas portadoras do noso patrimonio inmaterial. Xoias que viaxan no tempo grazas a súa memoria. Estamos falando de cantigas, estrofas, refráns, ditos, lendas, pequenas e grandes historias do nadal. Anécdotas tan bonitas como a de aquela nena que lle pediu un año aos Reis Magos e para a súa sorpresa, trouxéronllo. Ou aquela outra que foi quen de escribirlle unha carta a Franco pedíndolle unha bicicleta. Aquí tedes un anaquiño da súa visita. A escola está viva cando abre as súas portas á comunidade, e os nenos reciben un grande regalo interxeracional coa súa visita.

Unha clase diferente

Traballando as Competencias Básicas na aula. O alumnado toma o protagonismo e "Xogan a ser mestres". Nun tempo dado e en equipos de dous teñen que inventar unha historia onde haxa unha operación de matemáticas. Despois saen a explicala usando castañas e números magnéticos. Cando remata cada grupo avaliamos entre todos que foi o que máis nos gustou e o que cremos que poden mellorar.

Magosto para todas

Uns cantos xogos populares, o auténtico mestre asador de castañas coa súa escumadeira máxica e unhas cantigas populares e xa temos a festa. Que viva o magosto participativo das nenas e nenos de Cea.

O SAMAÍN NO SEGUNDO E O TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA

O SAMAÍN CHEGOU AO PRIMEIRO ANDAR DO EDIFICIO PRINCIPAL DO NOSO COLE...

BRRRRR...QUE MEDO!!

SAMAÍN_2º_3º_CICLO DE PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut