Skip to Content

contador gratis para blog

Actividades, ANPA, Novas

ACTUACIÓN DE XIMNASIA RÍTMICA (SARA 4º EP)

Tras unha longa espera...xa temos o vídeo da actuación de Sara (4º Primaria) no Festival de Nadal 2014!!

CESTAS LITERARIAS 2015

O Equipo de Biblioteca, un ano mais, quere premiar o gusto pola lectura!

Dende o mes de febreiro ata o mes de abril, o alumnado que leve emprestado libros da Biblioteca Escolar daráselle unha papeleta cun número.  Debedes gardar esas papeletas numeradas para o sorteo dunhas cestas literarias que se fará o Día do Libro (23 de abril), o sorteo será  por etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria).

ACLARACIÓNS SOBRE A XORNADA ÚNICA

Co gallo de aclarar aquelas dúbidas que foron xurdindo na reunión informativa sobre a xornada única para o curso 2015/2016, matizamos:

  • O alumnado vai ter comedor e transporte sempre que así o demanden.

 

  • Os martes, mércores, xoves e venres saése ás 14:00 se non se come no comedor.

 

  • O alumnado poderá saír do Centro:
        • ás 14: 00 horas se non queda a Comedor de forma particular.
        • ás 15:30 horas se queda a Comedor e pode irse tanto no transporte escolar como particularmente (agás os luns)
        • ás 17:30 horas os luns no transporte escolar
        • ás 16:45 horas, de forma particular, se queda ás actividades Extraescolares da ANPA ou na Biblioteca-Ludoteca Escolar

 

SAN VALENTÍN NA BIBLIOTECA DO COLE DE CEA

 

Día de San Valentín

 O vindeiro 14 de febreiro é o día de San Valentín, e por iso dende a biblioteca imos recoller unha escolma de cartas e/ou poemas que xiren en torno o eixo do amor. Poderémolas expoñer no taboleiro. Así que preme o teu corazón e escribe. Xa o dicía Dante: “O amor move ó sol e as demais estrelas”. Móveste?

 

 

AS MAÑAS DE XANCIÑO

Xa podemos ver a divertida obra de teatro dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP do Nadal 2014

REUNIÓN PARA INFORMAR SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO

LEMBRÁMOSVOS QUE O VINDEIRO XOVES, 5 DE FEBREIRO ÁS 20:00 HORAS, CELEBRARASE UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE CAMBIO DE HORARIO .

AGRACEDEMOS A SÚA ASISTENCIA

"GAUDEAMOS HODIE"

 

 

O alumnado de 4º. 5º e 6º interpretaron esta fermosa panxoliña no festival de Nadal 2014...e fixéronnos partícipes a todo o público!!

 

UNHA CLASE DO COLE DE CEA

 

 

O alumnado de 3º e 4º de Primaria fixéronnos andar a gargalladas un bo anaco con esta disparatada obra de teatro no festival de Nadal 2014.

XUÍZO RÁPIDO

O alumnado de 4º ESO deleitounos con esta obra no festival de Nadal 2014

Distribuir contido


by Dr. Radut