Os nenos e as nenas de 3º e 4º de Primaria colaboran na formación dun muro natural feito con edra no patio de Infantil. Velaquí o seu traballo de plantación
Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria acudiron o pasado mércores ao Auditorio para disfrutar dunha representación teatral "Nana para un soldado"
Trataba dunha historia de guerra contada de xeito poético e cómico, amosando os aspectos mais duros da guerra e o mellor das persoas.
No Día das Bibliotecas sacamos os nosos libros ao sol. Porque calquer lugar é bo para deixarse atrapar por unha historia. Emoción, medo, romance ou botar unhas risas sentados canda os amigos no patio. Un recreo diferente na compaña dun bo libro.
Coidar e protexer o camiño de Santiago. Esa será a nosa misión despois de recibir a visita de Enrique Mauricio e Carlos Taboada. Polo correo do vento. A historia de Peregrina e Iago, dous amantes da fotografía e do debuxo que percorren o camiño para contarnos en que estado se atopa.
O Camiño de Santiago é un patrimonio cultural que debemos coidar. Sobre todo fronte ameazas como a aparición de lixo, o feísmo, a falta de civismo cos peregrinos ou dos propios peregrinos... Eles atópanse percorrendo corenta vilas polas diferentes rutas do Camiño, para facer un estudo sobre este asunto.
Nesta actividade escoitamos un conto mentras vimos como se facía un debuxo e despois elaboramos un debuxo dun peregrino todos xuntos.
A volta ao cole sempre é unha experiencia emocionante. Reencontrarse cos compañeiros, cos profes, cos espazos de xogo e aprendizaxe... e as emocións aínda son máis grandes cando é a túa primeira vez. O novo alumnado de infantil, que se incorpora ao CPI Virxe da Saleta, está a experimentar moi boas sensacións no inicio da súa actividade educativa. Atópanse moi integrados, participativos e ledos ao longo da xornada escolar. Como para as familias tamén é unha experiencia intensa as mestras de infantil queren compartir esta galería de imaxes con todas ellas para que poidan ver ás súas fillas e fillos no contexto escolar.
Os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria fomos o pasado venres de excursión a O Grove. Visitamo o Acuario Galicia, onde vimos moitos animais mariños de agua doce e salgada. A continuación coñecemos o arte da salgadura e das conservas no Museo da Salazón. Xantamos na illa de A Toxa,onde xogamos e visitamos unha curiosa igrexa recuberta con cuncha de vieiras. Finalmente, fomos en catamarán pola Ría de Arousa...vimos unha batea de cerca e como cultivan ostras, mexilóns e vieras. Degustamos mexilóns cociñados ao vapor e bailamos na cuberta do catamarán. Vaia troula!