Skip to Content

contador gratis para blog

Deportes

Na neve

Se accedes á web dende un dispositivo móbil e non podes ver a presentación de fotos vai aquí para ver a galería:

https://picasaweb.google.com/109992637361574276605/ExcursionAndorraXanei...

 

GALERIA DE IMAXES DO CAMPO A TRAVÉS EN PUZO DO LAGO

Esta mañá o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria participaron nunha nova actividade do Programa XOGADE, concretamente en Campo a Través en Puzo do Lago

 

Derradeira xornada do XOGADE: Atletismo!

Remata o curso e con el as diferentes actividades nas que participa o noso CPI. O pasado 21 de maio o alumnado de 5º e 6º de primaria voltou ao pavillón de deportes de O Carballiño para participar na derradeira das actividades englobadas no Programa Xogade. Desta volta gozamos dunha divertida xornada Xogando ao Atletismo con outros centros da comarca. Carreiras individuais, carreiras de relevos, lanzamentos de peso e xavelina, saltos de lonxitude... Aí vos vai unha mostra do que estivemos a facer...

Xornada de Deporte Escolar en Amoeiro

Na xornada do mércores 26 de marzo o alumnado de segundo e terceiro ciclo de primaria acudiron a Amoeiro para participar no encontro de fútbol sala escolar dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia. Celebráronse cinco partidos entre os equipos de Amoeiro, Carballiño, Cambeo e Cea. Aquí vos deixamos unha galería de imaxes que ilustran esta xornada de convivencia entre o alumnado da zona.

 

Carreira en Maside

Continuando na liña do artigo recentemente publicado sobre unha visita ao teatro, o alumnado do centro ponse aos mandos da web e, tal que xornalistas, informan das súas actividades escolares e complementarias. Nesta ocasión son as nenas e nenos de 3º de Primaria os que nos achegan unha crónica da xornada de Deporte Escolar celebrada en Maside na que competiron nunha carreira campo a través con alumnado doutros centros da comarca.

Esta carreira foi moi dura, pero aínda así divertímonos. Os nenos eran moi competitivos, tal vez demasiado. O centro vencedor foi o colexio da Uceira. Tamén todos os centros recibiron un trofeo.
Temos moitas anécdotas que contar: Unha nena caeu ao chan porque a empurraron e sangroulle o nariz. Como había moito barro a unha nena saíuselle o zapato do pé e andaba tirando del para sacalo de alí. Había un cabalo que mexou e corría moito e aos nenos resultoulles moi gracioso. Un neno estaba correndo, caeulle un zapato e despois seguiu correndo con el na man. Despois da carreira déronnos barriñas enerxéticas. Un dos nosos compañeiros de 3º de Primaria, David Fernández Rodríguez, quedou en 5º lugar.

Xadrez con Dragan Paunovic

Na tarde do mércores 29 de maio recibimos no noso centro ao grande mestre de xadrez Dragan Paunovic, o campión serbio e director do Club de Xadrez Chantada. Estivo celebrando 14 partidas simultáneas co noso alumnado e profesorado. Despois dos primeiros momentos de nerviosismo souberon poñer en práctica todo o aprendido durante o torneo de xadrez celebrado no noso centro durante o mes pasado. Dragan valorou positivamente a actividade e deulle a cada partida un carácter didáctico. Finalmente felicitou a todos os participantes, especialmente a aqueles que souberon plantarlle cara. 

Campo a través

Aquí tendes o vídeo da nosa participación no Campionato Escolar Comarcal de Campo a Través que se celebrou o xoves 24 de xaneiro no concello de Maside. Parabéns a todo o alumnado participante e mención especial a Abraham Hermida que se clasificou na segunda posición da súa categoría.

Distribuir contido


by Dr. Radut