Skip to Content

Deportes, Música, Radio patio, Taboleiro

PRAIA DAS CATEDRAIS, RIBADEO E LUGO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fixemos unha saída para coñecer a Praia das Catedrais. Disfrutamos moito entre as rochas e as charcas formadas ao baixar a marea, magoa que non acompañara o tempo!! 

Xantamos en Ribadeo, vai forma de chover durante a sobremesa!!

Pola tarde percorrimos a Muralla de Lugo, visitamos a Catedral e Casa dos Mosaicos...que interesante!!

Velaquí algunhas fotos que resumen este día 

https://goo.gl/photos/VWUoApCqAyd7fbdj6

 

 

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria visitan o Laboratorio para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na clase de Ciencias Naturais sobre mesturas e a súa separación.

Practicaron: decantación, filtracións...pero as que tiveron mais éxito foron imantación e cromatografía. Mirade o que fixeron!!

https://goo.gl/photos/7uGYCqnPVfkKMgLTA

I PROCURA DO TESOURO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A Orientadora xunto con membros do equipo de Biblioteca argallaron a "I PROCURA DO TESOURO DA MEDIATECA DO COLE DE CEA", unha actividade mais dentro da semana adicada ao"Día do Libro 2017", que este ano homenaxeaba a escritora Gloria Fuertes no centenario do seu nacemento.

Por grupos os alumnos e alumnas de 3º a 6º fixeron unha busca seguindo instruccións para compoñer o texuelo dun libro da Sala A.Os mais pequenos traballaron en dous grandes equipos seguindo as pegadas agochadas en diferentes libros.

Preme no seguinte enlace

https://goo.gl/photos/yuY5Sx83hFAGCvMk7

XOGADE: "XOGANDO AO BALONMÁN"

O pasado mércores 26 de abril houbo unha nova xornada de XOGADE, nesta ocasión foi balonmán. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria fixeron un moi bo traballo e acadaron un 4º posto . Noraboa!!

Aquí tedes a galería de fotos desta actividade

https://goo.gl/photos/Yd62MKNdpSkAJRU37

 

MENÚ DO MES MAIO

 

VISITA DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL AO VIVEIRO DE MASIDE

Os nenos e nenas de Infantil están estudando as plantas, para coñecer mais en profundidade o mundo vexetal foron de visita a un viveiro en Maside. Velaquí a súa experiencia.

MENÚ DO MES DE ABRIL

 

19 DE MARZO, DÍA DO PAI

Os nenos e nenas de Infantil queren agasallar aos seus papás con esta felicitación tan orixinal

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

A Comunidade Educativa do Cole de Cea súmase a manifestación en contra da violencia machista

"Nin flores, nin bombóns. Querémonos VIVAS!!! (L. Davila)

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

             No Día da Muller os nenos e nenas de Infantil queren ter un xesto especial coas súas mamás, por iso, debuxáronas traballando.

Distribuir contido


by Dr. Radut