Skip to Content

contador gratis para blog

Reabre a Biblioteca

O vindeiro mércores 24 de outubro celébrase o día internacional das bibliotecas escolares. Cón tal motivo, a biblioteca do noso centro reabre oficialmente as súas portas. Despois de máis dun ano adicados a organizar e dixitalizar os seus fondos, xa vos podedes achegar a ler e levar libros de préstamo.

Hora de Ler

Este ano, o noso centro pon en marcha a Hora de Ler, un proxecto de fomento da lectura fora do horario escolar, no que os rapaces fan múltiples actividades relacionadas co mundo dos libros. Durante media hora diaria, e agrupados por ciclos, en infantil e primaria, os nenos e nenas len libros, artigos, revistas, cómics, tanto en inglés coma en galego e castelán, fan dramatizacións e xogos literarios. Un proxecto ambicioso que se irá ampliando en actividades co paso do tempo, e ten como obxectivo principal aumentar o gusto pola lectura.

O CPI Virxe da Saleta multiplica a súa oferta educativa

Durante o vindeiro curso 2012- 2013, o CPI Virxe da Saleta aumenta a súa oferta formativa incorporando un novo Programa de Cualificación Profesional Inicial na Modalidade C. Terá un horario de luns a martes e prácticas de mércores a venres. Está destinado a alumnado entre 15 e 21 anos, sen o título de ESO ou doutro PCPI. Podes apuntarte en: Albanelaría, Arranxos Florais, Cociña, Comercio, Estética, Fontanería e Calefacción, Informática, Mantemento de Vehículos, Montaxe de Redes Eléctricas, Pastelaría, Peiteado, Repografía, Revestimentos de Obra, Servizos administrativos, Servizos de Restauración ou Hostelería.
Infórmate antes do día 12 de setembro no teléfono 988282169

Calendario Escolar 2012-2013

Setembro: 3, 4, 5, 6  Probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011/2012. 12  Comezo das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial e educación primaria. 17  Comezo das clases na ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial. 24 Día non lectivo. Festividade Local en Cea, Virxe da Saleta.

Outubro: 12 Día non lectivo. Día da Hispanidade

Novembro: 1 Día non lectivo. Todos os Santos. 2 Día non lectivo. Día do Ensino

Decembro: 6 Día non lectivo. Día da Constitución. 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Nadal

Xaneiro: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7  Vacacións de Nadal

Febreiro: 11, 12, 13   Vacacións de Entroido

Marzo: 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31 Vacacións de Semana Santa

Abril: 1   Vacacións de Semana Santa

Maio: 1 Día non lectivo. Festa do traballo. 17 Día non lectivo. Día das Letras Galegas

Xuño: 21 Remate das clases no 2º ciclo de educación infantil, educación especial, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional.

No día grande de Galicia

Que vos parece ver ao noso centro nun documental sobre as letras galegas, ao carón de Castelao, Risco, Rosalía, Celso Emilio, Curros... e de grandes artistas como Xabier Díaz, Uxía Senlle, Rosa Cedrón ou Luis Emilio Batallán? (buscádenos a partires do minuto 39)

Nós facemos cinema

Aquí tendes ao noso alumnado de 4º da ESO falando da curtrametaxe que realizaron durante o curso escolar 2011/2012. A partires do minuto 33:40 na Revista da TVG.

Libros de texto 2012-2013

Blogue dos alumnos de 4º ESO

Este ano, en clase de informática, os alumnos de cuarto crearon un blogue propio. Podedes ver os seus comentarios, fotos e incluso algunha que outra despedida...

Non Ten Misterio

Concurso fotográfico "Camiño ou vertedoiro"

 

Este ano, os alumnos de terceiro de ESO participaron nun concurso fotográfico na asignatura de Tecnoloxía. O lema do concurso foi "Camiño ou vertedoiro", e consistiu en fotografiar lixo en camiños ou campos, principalmente composto por materiais plásticos. Ademais, os alumnos tiveron que identificar o tipo de plástico e tratar de averiguar o tempo de descomposición. O que averiguamos é que todos eses residuos estará "decorando" e contaminando eses espazos públicos por centos de anos, se ninguén os retira.....

Estes foron os gañadores do concurso:

Álvaro Suárez Feijoo

Adrián Adá Rodríguez

Distribuir contido


by Dr. Radut