Skip to Content

A arte da natureza... ten premio

Lembrades o noso proxecto  do curso pasado A arte da natureza? Pois acabamos de recibir a noticia de que foi premiado pola Xunta de Galicia!

Aquí tedes unha crónica elaborada polo propio alumnado participante no proxecto.

Hai tres anos o alumnado que se atopaba cursando en 1º e 2º de ESO, algúns deles agora en 3º e 4º, realizaron un traballo no que combinaron diversas asignaturas á vez. Este consistía en facer un cartel cunha árbore indicando as súas características, o seu nome en varias linguas, un cadro no que sexa o centro da atención e un poema sobre el. Esta actividade logrou combinar as materias de ciencias da natureza, inglés, francés, lingua galegá e castelá, incluso plástica.

Este ano recibimos a noticia de que gañaramos un premio grazas a este traballo nun concurso relacionado con actividades que se realizan en bibliotecas. O premio consiste en 1500€ que serán destinados á biblioteca do centro. O noso foi o único en recibir algún premio de toda a provincia de Ourense.
 
PD: os rapaces de 4º poderiamos recibir unha parte do premio por colaborar na actividade e así ter unha axudiña para a excursión de fin de curso a Londres.

Artigo colectivo de 4º de ESO



blog | by Dr. Radut