Skip to Content

Movemento no confimamento

Profesorado, alumnado e familias do "Cpi Plurilingüe Virxe da Cela" uníronse de maneira virtual para promover o movemento nestes días de confinamento.

 

Dende a área de EF de EI e EP propúxose un baile grupal  que deu lugar a esta marabillosa actuación. Grazas pola vosa participación.

 

 

SERVIZO DE IMPRESIÓN PARA ESCOLARES DOS CONCELLOS DE MONFERO e IRIXOA

O Concello de Monfero puxo en marcha un servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes ou documentos para escolares.

O Concello imprimirá a documentación para facer os exercicios da escola a aqueles nenos e nenas que o precisen e levarallos á casa respectando as medidas de prevención.

Os interesados e interesadas deberán comunicalo a través do correo: servizoimpresion@monfero.es ou do teléfono 981793885.

Será necesario que os alumnos ou alumnas estean empadroados en Monfero para poder facer uso deste servizo.

 

O Concello de Irixoa tamén se une a esta iniciativa:

AUTORRETRATO CON LIBRO. CELEBRA CON NÓS O DÍA DO LIBRO

No CPI Virxe da Cela conmemoramos o día do libro con estes autorretratos nos que participou toda a comunidade educativa:

 

Dende a Biblioteca Castelao propoñémosvos participar nunha actividade para conmemorar o "Día do Libro", o vindeiro 23 de abril:

Instrucións:

Dirixido a: Toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela: alumnado, familias e persoal docente e non docente.

Tema:  A actividade consiste en facer unha foto na que apareza retratado o/a propio/a  autor/a xunto cun libro. Debido as actuais circunstancias, e pensando que nas casas non temos tantas posibilidades como na biblioteca do cole, ampliamos a revistas, periódicos, discos e CDs. Poderedes usar tanto as imaxes das portadas como as do interior.
Na imaxe final ten que establecerse algunha relación entre a imaxe do libro e a persoa retratada:  continuidade do que vemos na portada, relación directa co título do libro, alusión ao contido do libro....En calquera caso ten que aparecer retratado o/a autor/a da fotografía.
Poden colaborar con vos para que vos saquen a foto, non é obrigatorio que sexa un “selfie”.

Técnica: Poderanse presentar fotografías con calquera formato: cadradas, rectangulares... Poden ser imaxes directas ou retocadas.

As fotos deben ser enviadas ao correo da biblioteca: biblioteca.castelao.monfero@gmail.com ou por Whatsapp ao número: 679 51 41 42

Data: A data límite de entrega é ata o mércores, 22 de abril de 2020

Exposición: As fotos presentadas serán subidas ao blog da biblioteca e á páxina web do centro.

Se buscades en internet "Bookfaces", atoparedes moitas ideas.

 

No blog da biblioteca podedes ver as que xa fixeron algúns profes: acceso ao blog

 

INFORMACIÓN AVALIACIÓN ALUMNADO

Atendendo ás instrucións facilitadas pola Consellería, debemos avaliar o segundo trimestre coa información dispoñible ata o día 13 de marzo, día no que se interromperon as clases presenciais.

Lembrámoslles que a avaliación ten carácter continuo e, aínda que durante o período de suspensión se mantiveron as actividades educativas a través das modalidades a distancia e “on line”, estas non son avaliables para a determinación das cualificacións desta segunda avaliación.

Así mesmo, comunicámoslles que o venres 3 de abril publicaranse ditas cualificacións ao longo da mañá. Para poder acceder ao boletín, é necesario dispor do servizo abalarMóbil (aplicación que conta coa información académica do alumnado). 

Recomendamos que os pais/nais/titores legais instalen nos seus teléfonos móbiles a aplicación Abalar Móbil para recibir as cualificacións e mensaxes do centro. Pode instalarse aquí.

 

Como será a volta?

https://view.genial.ly/5e79dbb817b0f90dfb8b0a50/learning-experience-challenges-como-sera-a-volta

 

IDEAS E SUXERENCIAS PARA ESTES DÍAS #YoMeQuedoEnCasa

Para ninguén vai a ser doado estar na casa sen saír o tempo que duren as medidas adoptadas polo Goberno de España para previr o contaxio do COVID-19.
O Departamento de Orientación do CPI Virxe da Cela quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade ante esta situación excepcional a aportar algunhas ideas e suxerencias.

 

IDEAS E SUXERENCIAS PARA ESTES DÍAS #YoMeQuedoEnCasa, descargar arquivo Word

Cultura para tempos de coronavirus

No blog da nosa biblioteca deixamos unha serie de enlaces a iniciativas que foron xurdindo nestes días de confinamento e tamén a outros que sempre estiveron ahí e que agora pode que teñamos máis tempo para coñecelos:

MEDIDAS FRONTE Á SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19

TRABALLO PARA O ALUMNADO DURANTE A SUSPENSIÓN DAS CLASES:

Seguindo as pautas da Consellería, nestes próximos 14 días o alumnado contará con actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que as poida realizar no seu domicilio, e das que se fará seguimento. Ditas actividades estarán a disposición do alumnado a través das titorías e departamentos.

Teredes cumprida información nesta páxina web  a partires do luns 16 de marzo.

Distribuir contido


by Dr. Radut