8M día da Muller

Hoxe estaba prevista a visita dos nosos veciños de residencia de maiores de Pedrafita, pero o mal tempo impediuno. Sen embargo, fixéronnos chegar igualmente uns sombreiros que fixeron eles mesmos con material reciclado. Estes sombreiros simbolizan o peso que moitas veces teñen que levar as mulleres sobre as "súas cabezas"! Tamén nos leron unha carta escrita por eles moi emotiva e dunha grande sabedoría! Canto teñen aínda que ensinarnos! Moitas gracias! Neste video veredes unha pequena mostra destes agasallos...