Visita ao CFEA Alta Montaña de Becerreá

Onte visitamos co alumnado da ESO o CFEA Alta Montaña, en Becerreá. Actividade organizada polo Departamento de Orientación dentro do Plan de Orientación Académica e Profesional, co fin de que o noso alumnado sexa coñecedor da súa oferta formativa e das instalacións das que dispón. 

Ofertan o Ciclo formativo de grao medio “Aproveitamento e conservación do medio natural” e o ciclo superior de “Xestión natural e do medio forestal”. Así mesmo imparten cursos de formación continua de menor duración, como os de apicultura, outro relacionado coa poda en alturas entre varios que podedes consultar na súa conta de instagram @CFEABecerrea

 

É un centro que depende da Consellería do Medio Rural, polo que dispón de moito máis terreo e material que do que poida dispoñer calquera CIFP ou IES. Un verdadeiro privilexio contar con este recurso que engade valor ao noso medio rural.