Celebramos o Magosto 2021

RECOLLIDA ROUPA E CALZADO

O pasado venres tivo lugar a recollida de roupa e calzado usado promovido pola Campaña Solidaria Mariola en colaboración con Proxectos de Global Humanitaria en India.

Na fotografía pódese ver ao representante da Asociación co director do noso centro no momento da entrega.

Moitas grazas pola vosa participación e por poñer o voso gran de area nesta boa causa.

Samaín 2021: Resolvendo o misterio dos namorados desaparecidos

A noticia da desaparición de dous namorados unha noite de Samaín chegou ao noso cole. Mira atentamente:

ENTREGA SUDADERAS PROMOCIÓN XACOBEO 21-22

 

No día de hoxe o director do centro fixo entrega ao alumnado das sudaderas subvencionadas polo Concello de Pedrafita en colaboración coa Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22.

Así poderán lucir e promocionar o noso Concello e o Camiño de Santiago nas distintas etapas que se realizarán ao longo do curso.

Moitas gracias ás institucións participantes polo agasallo.

Obradoiro de instrumentos tradicionais do Camiño con Xosé Maceda

O luns 25 de outubro tivemos un obradoiro de instrumentos tradicionais do camiño, enmarcado dentro do programa Actividades no camiño e promoción do Xacobeo 2021-2022, impartido por Xosé Maceda, músico do Incio, organizado polo Concello de Pedrafita do Cebreiro e no que colaboran a Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22. 

Matemaxia

Obradoiro de Igualdade: Programa DIANA

Comezamos co Club de Ciencia!

Club ciencia porexpan

Este venres deu comezo o Club de Ciencias coa actividade da "acetona molona", onde o alumnado de Educación Primaria achegouse ao pensamento científico e puido establecer hipóteses sobre o comportamento do poliestireno expandido, máis coñecido como porexpan, ao contacto ca acetona. Por suposto tomáronse todas as medidas de seguridade.

Inauguración da Biblioteca con Ana Meilán

PRIMEIRA ETAPA: MOLINASECA – VILLAFRANCA.

 

Distribuir contido