Día Mundial da Saúde

O 7 de abril foi " O Día Mundial da Saúde", o luns 8 o equipo do Centro de Saúde de Pedrafita do Cebreiro veu o noso cole a explicarnos qué facer en caso de emerxencia e a ensinarnos como é unha ambulancia por dentro.

Charla para a ESO sobre violencia machista nas relacións de parella na mocidade

Esta semana o alumnado da ESO asistiu no centro a unha charla sobre violencia machista nas relacións de parella na mocidade, a cargo de personal especializado no tema. Esta actividade está dentro do Plan PROXECTA: programa 365 días de igualdad.

A MAXIA DE DIEGO AS

A MAXIA DE DIEGO AS

 

BOA SEMANA SANTA!

O venres 22 de marzo entre o CAM e o CPI disfrutamos facendo unha sobremesa típica de SEMANA SANTA: " TORRIJAS "

 Desexasvos a todos unhas boas vacacións de Semana Santa a tod@s!!!

O Titiriteiro Ton Arenas

Martes 19 de marzo do 2024,

Hoxe foi unha xornada especial. Tivemos a sorte de ter no noso cole a Ton Arenas, un titiriteiro que nos visita desde Mondoñedo para facernos rir e tamén traballar. Presentounos o seu compañeiro de vida e actuacións, Loubican, que nos fixo escachar coa risa. Tamén nos fixo traballar e fabricar o noso propio “bocón”. Unha marabilla!

Visita da ESO á Catedral de Santiago de Compostela

Este luns 18 de marzo, o alumnado da ESO visitou a catedral de Santiago de Compostela.

 

8 M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER plan proxecta

 

Este luns puidemos celebrar o día de Rosalía de Castro (23 de febreiro)

23 de Febreiro, é a data do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a escritora, poeta e referente absoluto da nosa cultura galega.

Distribuir contido