Skip to Content

Orientación

BOLSAS NEAE CURSO 2024-2025

10/06/2024 13:25
13/09/2024 13:25
Europe/Madrid

Resolución de 12 de abril de 2024, de la Secretaría de Estado de Educación, por la que se convocan ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2024-25.

Extracto da resolución: https://www.boe.es/boe/dias/2024/04/19/pdfs/BOE-B-2024-14197.pdf

Texto íntegro da convocatoria: SNPSAP (infosubvenciones.es)

Información:https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

O prazo para solicitar as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024ambos inclusive. 

As solicitudes cubriranse polos solicitantes exclusivamente a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación, FP e Deportes, https://sede.educacion.gob.es.

Unha vez cuberto o formulario da solicitude, imprimirán o ficheiro PDF coa solicitude e os certificados e presentarano no centro educativo no que vai estudar o curso 2024/2025debidamente asinado entre o 30 de abril e o 13 de setembro de 2024.

No caso de escolarización combinada o centro tramitador será o centro de estudos ordinario. 

Novidade desta convocatoria: o grao de discapacidade para acreditar a NEAE reduciuse ao 25%. A convocatoria mantén o subsidio para as solicitudes propostas que acrediten NEAE.

BOLSAS ESTUDOS MEC PARA BACHARELATO, FP, ESTUDOS ARTÍSTICOS, IDIOMAS...

19/03/2024 12:32
Europe/Madrid

Aberto o prazo para a solicitude de Bolsas do Ministerio de Educación para alumnado que, no curso 2024-2025, vaia cursar estudos de: 

  • Bacharelato

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior

  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores

  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia

  • Ensinos deportivos

  • Estudos relixiosos superiores

  • Formación Profesional de Grao Básico

  • Ensino universitario: Grados, Máster...

Toda a información para a solicitude no documento adxunto. 

 

Consellos para familias: Cando e como darlle un smartphone ás túas crianzas?

14/11/2023 15:11
Europe/Madrid

Cada vez máis estudos demostran que un acceso temperá e incontrolado ás pantallas pode producir problemas de aprendizaxe e de relacións sociais entre os menores. 

Tede en conta os nosos consellos e os de a Fundación Meniños:  

ORIÉNTATE!!

26/10/2023 15:41
Europe/Madrid

Nesta ligazón podedes acceder á web de Oriéntate!. Toda a información sobre os teus futuros estudos: modalidades de bacharelato, ciclos de formación profesional, grados universitarios, ensinanzas especiais e moito máis.

Clica na imaxe para acceder:

 

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES DE APOIO EDUCATIVO

10/05/2023 11:11
Europe/Madrid

Convocatoria de bolsas NEAE do Ministerio de Educación para o curso 2023-2024.

O prazo para a solicitude das mesmas será do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023. 

No documento adxunto pódese consultar o texto da convocatoria.

Recomendamos ás familias interesadas en solicitar estas axudas que inicien os trámites antes de rematar o actual curso escolar para ter tempo de conseguir toda a documentación necesaria dentro do prazo. 

Neste enlace podedes coñecer con detalle as instrucións para a solicitude.

E DESPOIS DA ESO, QUE?

01/02/2023 18:59
Europe/Madrid

No documento adxunto tedes á vosa disposición toda a información relacionada cos itinerarios académicos para a continuación de estudios despois de rematar a ESO. 

 

Bolsas Ministerio de Educación

11/08/2021 17:40
30/09/2021 23:50
Europe/Madrid

Bolsas do Ministerio de Educación de axuda ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

16/09/2020 20:15
Europe/Madrid

Na web do Ministerio de Educación podedes acceder á información e solicitude das Becas de ayuda a alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo.

 

Se precisades información ou asesoramento para a súa solicitude, concertade unha cita co orientador do centro chamando ao 881867001, 881867004 ou por correo electrónico a denis@edu.xunta.gal

OS CONSELLOS DE ORIENTACIÓN, POR AMALIA, MÍRIAM E XAQUÍN

26/03/2020 08:51
Europe/Madrid

Ola a todos/as. Que tal o levades?. Ante as circunstancias tan especiais que estamos a pasar, aí van 3 novos consellos:

1)    Xa estades a cumprir coas vosas rutinas diarias e a seguir un horario. Pois ben, nos esquezades o exercicio físico. Si estamos sen saír da casa é imprescindible movernos canto menos 1 hora diaria. Os que dispoñedes de bici estática, cinta de correr, ou espazo na casa, xa que dispoñedes de xardín ou horta, téndelo fácil. Os que non e vivides en pisos, debedes de seguir táboas de exercicios (hai moitas en internet) ou axudar coas tarefas da casa aos maiores (fregar, barrer, limpar, facer camas...). Veredes como estas tarefas exercitan de verdade.

 2)    Vixiade a vosa alimentación. O confinamento pode facer que tendamos a comer máis. Tratade de potenciar as froitas e verduras, eliminado as graxas na medida do posible. E recordade: SE NON TENDES FAME PARA COMER UNHA MAZÁN E QUE NON TENDES FAME.

 3)    Pensade en positivo. Non vos centredes naquelo que non podedes facer nesta situación, intentade pensar en todo o que podedes facer: descansar, estudiar, xogar, ler, oír música, ver series... tratade de desenvolver a vosa creatividade ante o aburrimento e non abusedes do móvil. Buscade un tempo para vos, uns 30 minutos ao día para organizarse e relaxarse. Comunicádevos coa vosa familia e non esquezades aos amigo/as. O humor é un excelente xeito de levar todo isto.

 E RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ

Distribuir contido


by Dr. Radut