O mércores 18 de setembro o noso centro escolar acollerá o I Encontro de centros participantes no programa Sementando coeducación dende o rural dentro dos Plans Proxecta.
Neste programa de tres cursos escolares de duración participa dende o curso 2023-2024 o alumnado que cursa este ano 2º de ESO xunto co alumnado do mesmo nivel de outros dous centros de ensino rurais: O IES Laxeiro de Lalín e o CPI Viaño Pequeno de Trazo.
No documento adxunto pódese coñecer o programa do encontro e as actividades que desenvolverán os rapaces e rapazas dende as 10:00 horas ata as 16:30 horas.
O xoves, 4 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria e da ESO estiveron "Plantando árbores con pinceis". Realizaron un obradoiro de bolsas de tea e pintaron un mural na aula de 4º ESO.
O alumnado de 1º de ESO ven de publicar novos capítulos do programa A Baña Investiga, o resultado das súas investigacións realizadas na materia Investigación e Tratamento da Información.
O traballo de todo o proceso: guión, locución, edición e montaxe foi realizado integramente polo alumnado.
Aquí vos presentamos:
Os arrecifes de coral de Amparo, Anna, Antía e Saray:
Anxo Areán Recarey e Paula Ferreiro Noya, alumnos de 2º de ESO, veñen de resultar premiados coas súas propostas para o concurso Atrévete a ter unha idea dentro do Programa Eduemprende 2020-2021.
O proxecto Multimedia FACENDO ESCOLA desenvolvido polo alumnado de 2º de ESO en colaboración coa Biblioteca Escolar ven de ser recoñecido no V Concurso de Traballo por Proxectosconvocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación. Felices e orgullosos de que este traballo pola recuperación da nosa historia e o noso Patrimonio fose merecedor deste premio, queremos dar as grazas a todos os que o fixeron posible: veciños, familias, amigos, profes e a nosa mestra en audiovisual e multimedia, Cristina de la Torre.
A súa proposta non resultou premiada, pero si que foi recoñecida a calidade do traballo e o alumnado que a deseñou foi convidado a visitar a Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Pontevedra.
Nesta presentación podedes coñecer o seu traballo:
Ás veces o traballo innovador, exhaustivo e comprometido que se realiza nas aulas dun xeito silencioso faise visible cando se recibe a merecida recompensa dun premio.
Hoxe os alumnos de matemáticas de 2º de ESO desfrutaron da emoción de participar na fase final do VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola SGAPEIO.
Acudimos á Facultade de Matemáticas, nerviosxs e emocionadxs de poder presentar en público o resultado do proxecto desenvolvido por Sarai, Alba, Noa e Carlota: "A diversidade da orde". Experimento que xurdiu a partir da crenza de que as mulleres son máis ordenadas e colaboradoras na casa que os homes. Para iso as alumnas investigadoras realizaron diferentes probas a partir das cales puideron extraer conclusións medibles e demonstrables. Imaxinades cal foi o resultado??
O proxecto foi galardoado co 1º Premio na Categoría de 1º e 2º de ESO.
Así mesmo, a investigación de Diego e Adrián sobre a presenza das mulleres na prensa deportiva "O diario non falaba de min" obtivo unha mención especial nesa mesma categoría.
Neste vídeo tedes a reportaxe gráfica dunha mañá emocionante e inesquecibel. Parabéns a todos, gañadores, participantes e a Paula, a profe de mates!!!