Skip to Content

Música

O PROXECTO "FACENDO ESCOLA" PREMIADO NO V CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

29/01/2019 16:54
Europe/Madrid

O proxecto Multimedia FACENDO ESCOLA desenvolvido polo alumnado de 2º de ESO en colaboración coa Biblioteca Escolar ven de ser recoñecido no V Concurso de Traballo por Proxectos  convocado pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación.
Felices e orgullosos de que este traballo pola recuperación da nosa historia e o noso Patrimonio fose merecedor deste premio, queremos dar as grazas a todos os que o fixeron posible: veciños, familias, amigos, profes e a nosa mestra en audiovisual e multimedia, Cristina de la Torre. 


Se aínda non coñeces a nosa web, xa estás tardando, é unha web de premio: https://facendoescola.atavist.com/

equipo rodaxe Facendo Escola

                                                                          O equipo de rodaxe, despois dunha longa tarde de traballo.

Os alumnos de ESO escoitan á Orquestra de Alumnos do Conservatorio de Santiago

orquestra conservatorio santiago


O pasado venres 18 de xaneiro, os alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO asistiron a un interesantísimo concerto didáctico no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela.


Alí poideron escoitar 3 danzas eslavas de Dvorak, a obertura de A arpa máxica de Schubert e The Typewriter de Leroy Anderson interpretadas pola Orquestra Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela en colaboración coa Real Philarmonía.


Aquí vosa deixamos a reportaxe gráfica da visita...







CONCERTO DIDÁCTICO, XANEIRO 2013
Distribuir contido


by Dr. Radut