Skip to Content

Secretaría

Modelo xustificación / autorización faltas asistencia do alumnado.

Modelo autorización dos pais-nais a outras persoas para recoller PUNTUALMENTE aos seus fillos

Solicitude de admisión para o curso 2022-23

Prazo: do 1 de marzo ao 21 de marzo do 2022

O  día 1 de marzo ábrese o prazo para realizar a admisión de novos alumnos aos centros educativos de Galicia. Para presentar  unha  solicitude deberá seguir algunha dás opción descritas a continuación:

1.- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro: para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrar na aplicación admisionalumnado e seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

2.-Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación). Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.

3.- Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:  se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta).
  • Copia do libro de familia

 

Acceso a toda a información e documentación das NOVAS solicitudes de matrícula.

 

PDF IMPRESO SOLICITUDE ADMISIÓN CURSO 2022-23
PDF IMPRESO RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DE CENTRO CURSO 2022-23
Distribuir contenido


by Dr. Radut