Skip to Content

PT

APRENDEMOS SEN CONTAXIARNOS

Recomendacións para as familias.

 

Como xa é sabido por todos e todas, atopámonos en estado de alarma por mor da epidemia do coronavirus COVID-19, polo que, cando menos, as próximas dúas semanas os centros escolares permanecerán pechados tendo a obriga de permanecer nos nosos fogares.

 

É importante explicarlle aos rapaces e rapazas dende a tranquilidade esta situación excepcional, así como a necesidade de quedar na casa. Para iso podémonos axudar da seguinte infografía:

http://www.arasaac.org/zona_descargas/materiales/2280/Que_es_el_coronavirus.pdf

 

Para afrontar con éxito e harmonía estas semanas de illamento, é recomendable manter horarios e a rutina habitual, na medida do posible, tales como deitarse e levantarse á mesma hora así como establecer rutinas para as tarefas e horarios de xogo. Será interesante elaborar un esquema/horario das actividades que se van realizar cada día axudando así a anticipación e a asimilación das rutinas destas semanas (ver exemplo en http://www.ayudaparamaestros.com/2020/03/nuestro-horario-familiar-para-esta.html). É importante adicar cada día un momento para o traballo escolar, así como para a lectura e o exercicio físico. 

Ademais, podemos aproveitar esta situación para traballar a autonomía e incluílos na colaboración das tarefas do fogar como preparar o almorzo, facer a cama, cociñar, por a mesa, recoller, lavar a louza, limpar, ordenar, escribir a lista da compra, facer a coada, dobrar roupa...

 

Somos conscientes de que son moitas horas recluídos na casa polo que haberá momentos nos que non saibamos que facer:  é necesario pois ofrecerlles opcións e alternativas de ocio tales como: ler, debuxar, colorear, facer manualidades, escoitar música, bailar, xogar a xogos de mesa coa familia, ver a televisión (programas, series, películas...), xogar co ordenador ou coa tablet...

 

Nestes momentos o profesorado está a traballar e engadirá neste blog tarefas e material para garantir o proceso educativo escolar de todo o alumnado.

 

Para calquera dúbida ou cuestión, poden poñerse en contacto con nós nos seguintes correos: leticia.moreira@edu.xunta.gal, manuel.tejo.souto@edu.xunta.gal

 

Sen máis polo momento, reciban un cordial saúdo.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut