Memorial Alejandro Lorenzo de cross. Friol

Felipe Barata

CUARTO POSTO POR EQUIPOS NA CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO

Conxuntamente co Campionato galego de cross curto e o cadete-xuvenil, tamén se disputaba o Memorial Alejandro Lorenzo de cross para as categorías de menores, nas que tamén participaba un bo número de atletas do club.

Na categoría benxamín masculino, o máis destacado foi David Fariñas que acababa o sexto posto, mentres que o seu compañeiro de equipo Juan David López Ramos facíao no décimo. Completaban o equipo Jesús Fagil e Mario Campos nos postos 34 e 46. Na clasificación por escuadras, o club conseguía o quinto posto. Polo que respecta ás nenas da categoría benxamín, Molly Jane Merchant entraba no posto 26 e Leire Santos no 32.

Na categoría alevín masculino, o mellor foi Noel Villarábide que lograba o posto 14, seguido de Samuel Hermida, no posto 25. O resto da actuación do equipo foi a seguinte: Michael Santos (27), Rubén Vázquez (34), Unai Frías (35), Juan Zas (40), Jorge Santos (44) e Alejandro Fernández (45)

No apartado de equipos, o club logrou a sexta posición.

Na proba feminina, gran carreira de Andrea Fariñas, que debutando nunha carreira oficial, entraba na sétima posición. Noelia Sánchez acababa no posto 32, Ana Villar no 38 e Nerea Lage no 56. Na clasificación de clubs, rematábase no posto oitavo.
Por último, entre os infantís, tamén gran carreira de Cristián Santos, que terminaba no oitavo posto. Adil Loussini remataba no posto 30. Marcos Burgo no posto 35, Miguel Ángel Sánchez no 37, Ángel Martínez no 40 e Jesús Sánchez no 41. Por escuadras, rematábase no cuarto posto. E por último, tamén moi ben as nenas desta categoría. María Carballido lograba o décimo posto e Vanesa Blanco o 41.