Excursión de 4º de ESO á neve

...


Dentro das actividades extraescolares programadas polo Departamento de Educación Física do Centro, un grupo de 19 alumnos e alumnas de 4º de ESO están a pasar, desde o 25 de xaneiro ata o 1 de febreiro, unha semana branca en Andorra, acompañados polos profesores Ricardo Rosado (Educación Física) e Modesto Fernández (Educación Plástica).

Despois dos lóxicos nervios previos e dunha longa e nocturna viaxe en autobús, por fin o grupo xa está in situ, preparado para gozar dos deportes da neve e da cultura da montaña.

Desexámosvos unha bonita semana de esquí e de convivencia!!!