Tres podiums na San Silvestre Fluvial. Lugo

Felipe Barata

O último día do ano do pasado 2013 serviu para que varios atletas do club despediran o ano disputando esta xa clásica proba deportiva. O máis destacado dos atletas do Atletismo Friol foron os tres podiums alcanzados polos deportistas das categorías inferiores.

Na categoría B, Cristian Santos lograba imporse na mesma, no que é o seu primeiro triunfo da temporada. Nesta mesma categoría, Nerea Lage acadaba a oitava posición.

Polo que respecta a categoría C, Adrián Lage e María Carballido conseguían a segunda posición na proba masculina e feminina, respectivamente. Por último, Ángel Martínez entraba no oitavo posto nesta mesma proba.