Cross de Chantada

Dep. Ed. Física

O pasado sábado 4 de maio tivo lugar a quinta e derradeira proba do circuíto de campo a través da zona sur, que se disputou na localidade de Chantada e que reuniu a un bo número de nenos e nenas do club de atletismo do noso centro educativo, que na súa gran maioría fixo o circuito íntegro.

Ao final das probas, fíxose entrega dos premios relativos á proba chantadina, para, a continuación, pasar a entrega dos trofeos aos mellores clasificados no cómputo de todas as probas do circuíto.

Na categoría alevín masculino, Hugo Penas clasificábase na terceira posición da xeral final, mentres que as súas compañeiras, Sabela Sánchez e Ada Ceide, lograban a segunda e terceira posición final na parcela feminina.

Pola súa parte, a categoría infantil era dominada polos nosos representantes, xa que tanto Susana López como David Viña conquerían as súas respectivas vitorias tanto na parcela masculina como feminina.

Por último, na categoría cadete houbo un triplete dos nosos representantes: Hugo Ferro, Mateo Villar e Martín Díaz acadaban as tres primeiras posicións respectivamente no global do circuito.

 

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="Cross Chantada" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/66393c605b6eb200136eacb4" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>