Charla "A estatística no teu día a día"

Dep. Matemáticas

O alumnado de 4º da ESO asistiu o xoves 2 de maio a unha interesante charla titulada A estadísitica no teu día a día, impartida pola profesora da Universidade de A Coruña, Estefanía Mourelle, na que lles relatou de xeito dinámico como a estatística está presente nas súas vidas cotiás, con elementos como poden ser os smartwatches e, polo tanto, como lles pode axudar a comprender mellor o que lles rodea, en particular, os fenómenos económicos.

O relatorio centrouse dende medidas básicas de Estatística, como percentís, medias ou medidas de dispersión, ata onde se queira chegar, como pode ser as series de tempo ou medidas de desigualdade.

Esta charla englóbase dentro da colaboración do noso centro coa Universidade de A Coruña, que nos facilita a posibilidade de ofertar ao noso alumnado unha serie de charlas de divulgación ao longo do curso.