Maletas viaxeiras. Rede Museística Provincial de Lugo

Ed. Primaria

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria asistiu na biblioteca a unha interesante actividade proposta polo Museo Provincial de Lugo, denominada Maletas Viaxeiras, co obxectivo de achegar o patrimonio conservado nos nosos museos ao alumnado, ofrecendo un conxunto de propostas caracterizadas polo seu compoñente educativo, lúdico e tamén de multicanle.

Durante estas dúas xornadas, os nenos e nenas trataron cuestións relativas ao patrimonio, á cultura, á comunidade e ao territorio. E fixérono en clave inclusiva: traballaron o Mapa de Fontán para analizar o seu territorio, analizaron as tallas de Asorey para conmemorar o Día das Artes Galegas, dedicado ó escultor, e coñeceron obras senlleiras dos museos como a Escola Doloriñas, de Xulia Minguillón.

Ademais, todas estas accións foron acompañadas de actividades inclusivas, como a mostra de pictogramas para persoas neurodiverxentes e visitas guiadas con material en braille, pezas táctiles, soportes con distintas texturas, etc. A actividade desenrolouse durante dous días e dúas horas, sendo a realizada o martes para o alumnado de 3º e 4º de educación primaria e o mércores para 1º e 2º.