Vista GES Friol

Ed. Infantil e Primaria

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Friol, que da cobertura a un total de cinco municipios da localidade, estivo presente no noso centro educativo para amosarlles ao alumnado de educación infantil e de primeiro e segundo de eduación primaria as características básicas do seu traballo, tanto a nivel humano como a nivel técnico e de material.

Deste xeito, os nenos e nenas do noso colexio puideron observar como se pode apagar un lume, actividade que se realizou na pista de secundaria, así como ver a operatividade das diferentes ferramentes que deben usar cando hai un accidente de tráfico ou calquer outro inconvinte que sexa susceptible de auxiliar as persoas ante calquera situación ou problema.

Por último, os nenos e nenas tomaron contacto cos camións dos bombeiros e puideron sentirse por uns intres protagonistas desta profesión que tanto servizo da á comunindade. Agradecemos a esta entidade as facilidades para levar a cabo esta actividade, que xa realizamos no curso pasado e que tanta aceptación ten entre o alumnado.