Campo a través. Concello de Carballedo

Dep. Ed. Física

O pasado venres 22 de marzo tivo lugar a primeira proba do Circuíto de Campo a Través dos Concellos da Zona Sur, circuíto que se organiza dentro do programa Xogade, no cal toma parte o noso centro educativo. A primeira proba foi na localidade de A Barrela (Concello de Carballedo) e ata alí se desprazou unha nutrida representación de nenos e nenas do equipo de atletismo do colexio, que tiveron unha destacada actuación, logrando un total de 8 podiums.

Así, na categoría benxamín, Iria Díaz lograba subir ó terceiro escalafón chanzo do pódium no duro e fermoso circuíto habilitado pola boa organización deste evento. Tamén lograba a terceira posición Hugo Penas na categoría alevín masculino, mentres que Sabela Sánchez e Ada Ceide conseguían a segunda e terceira posición respectivamente na proba feminina.

Pola súa parte, Susana López gañaba con autoridade a carreira infantil feminina. Na proba cadete masculino houbo un triplete dos nosos representantes, xa que Hugo Ferro conseguía a primeira posición, Martín Díaz a segunda e Mateo Villar a terceira.

Non obstante, esta proba tiña un carácter eminentemente participativo e de introdución á práctica do campo a través, e o resto dos membros do equipo tiveron unha máis que destacada actuación co seu compañeirismo e adherencia á práctica deportiva, que é o verdadeiro obxectivo do noso proxecto deportivo de centro.