A TVG fai unha reportaxe no noso centro

Ed. Infantil

O programa Hora Galega da Televisión de Galicia estivo presente no noso centro educativo con motivo de gravar unha pequena reportaxe para ser emitida o día 13 de marzo na canle autonómica.

O contido referido a dita reportaxe está referido co incremento de natalidade no noso pobo, unha singularidade no mundo rural con respecto a outros concellos de similar situación ao noso e a súa repercusión no eido educativo e, polo tanto, a súa influenza no noso centro educativo.

A reportaxe gravouse integramente na aula de 4º de educación infantil, e ademais da presenza tanto dos alumnos de dito nivel educativo, como da súa mestra Inés Otero, tamén tomaron parte no mesmo a coordinadora de educación infantil, Patricia Prieto e o director, Felipe Barata.