Entroido 2024: Mestres Gandeiros

EDLG

O pasado 9 de febreiro, o noso centro celebrou o tradicional Festival do Entroido, no que tomaron parte todo o alumnado do centro. Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o festival tivo que celebrarse no Pavillón deportivo, se ben ao final de dito festival mellorou o suficiente para levar a cabo a queima do Meco, que este ano era un carro, obra, como vén sendo habitual, do alumnado de Plástica de 4º de ESO, conducidos polo seu profesor Modesto Fernández.

Nesta edición a temática a tratar estaba relacionada co proxecto interdisciplinar que estamos levando a cabo no centro e que leva por nome Mestres Gandeiros, un proxecto que se atopa dentro do Plan Proxecta.  Aquí vos deixamos o vídeo de todas as actuacións do festival.