Obradoiro de prevención de drogas

Dep. Orientación

O pasado sábado 29 de febreiro deu comezo un novo obradoiro a cargo de María Barreiro, colaboradora habitual do noso centro educativo. Nesta ocasión foi coa temática da prevención de drogas para o alumnado de 3º da ESO, que durante tres sesións, que se realizarán na hora de titoria deste curso, terán unha ampla información sobre os elementos nocivos e os problemas de saúde e sociais que carrexa o consumo de drogas.
 
Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol.

Agradecemos a súa continua e desinteresada colaboración co noso colexio e que terá continuidade con outros obradoiros a celebrar neste trimestre co alumnado de educación primaria e secundaria.