Sesión de iniciación ao billar

Dep. Ed. Física

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria, así como o de 3º e 4º da ESO foi partícipe dunha sesión de iniciación ao billar que tivo lugar no noso centro o pasado 27 de febreiro e que é unha continuación da sesión realizada no mes de novembro, cando o alumnado de primaria fora ao Corgo ás instalacións do Club de Billar de Adai para acercarnos máis a este novidoso deporte.

As sesións estiveron dirixidas por dous membros do Club de Billar Adai, que lles explicaron os nenos e nenas os fundamentos técnicos do mesmo. Esta sesión serviu tamén para agradecer aos membros do club a deferencia que tiveron con este centro ao deixarnos durante o presente curso unha mesa de billar, onde o noso alumnado poida xogar nos períodos de lecer e cando o considere o profesorado. Por outra parte, xa se está poñendo en marcha un torneo de billar interno entre o alumnado da ESO como parte do fomento deste deporte no noso centro educativo.

Estas accións enmárcanse dentro do Proxecto Deportivo de Centro do colexio que persegue o fomento da maior parte das especialidades deportivas e de actividade física.