III Xornda de Natación e Copa Deputación de Atletismo

Dep. Ed. Física

O pasado sábado 24 de febreiro tivo lugar en Monforte de Lemos a III Xornada da Natación do programa Xogade e na cal estiveron presentes de novo todos os nenos e nenas do equipo de natación do colexio, que como en anteriores xornadas tiveron un gran papel e poideron desfrutar das magníficas instalacións do recinto monfortino.

Por outra banda, tamén os nenos e nenas do equipo de atletismo do centro tamén tiveron protagonismo, xa que algún neno e nena se acercaron a Lugo para disputar a II Xornada da Copa Diputación de Lugo.

O máis destacado foi Adrián Marqués, que lograba a terceira posición no concurso de lanzamento de peso.

Outra que tivo unha gran actuación foi Susana Seijas, que lograba a quinta posición nos 60 metros lisos, nunha proba que contaba con máis de 50 participantes entre todas as series. Tamén tomaba parte na proba dos 500 metros lisos, onde finalizaba na cuarta posición da súa serie.

Polo que respecta ós nenos e nenas da categoría sub 12, Hugo Penas lograba o noveno posto da xeral de todas as series dos 60 metros lisos, mentres que Leo Villadonga era cuarto na súa serie e Ada Ceide era quinta na súa. Estes dous últimos tamén tomaban parte nos 500 metros lisos, onde ambos finalizaban na sétima posición nas súas respectivas series.