Obradoiro de educación emocional

Dep. Orientación

De novo comezamos unhas novas sesións cos obradoiros da educación emocional nos cursos de 2º e 3º de educación primaria a cargo de María Barreiro, que se enmarcan dentro da liña de colaboración que o noso centro ten co organismo que representa. A educación emocional constitúe un dos aspectos básicos a tratar dende o punto de vista educativo por parte dos centros educativos e que tanto inflúe na formación do alumnado en idades temperás, por iso a importancia de tratar está temática nos primeiros cursos de educación primaria.

Esta acción enmárcase dentro do proxecto colaborador que o noso centro educativo ten co Servizo de prevención de drogodependencias e adiccións dos Concellos de Outeiro de Rei, Rábade, Castro de Rei, Begonte e Friol.

Agradecemos a súa continua e desinteresada colaboración co noso colexio e que terá continuidade con outros obradoiros a celebrar neste trimestre co alumnado de educación primaria e secundaria.