Campionato Galego Sub 16 e Sub 18. Ourense

Felipe Barata

O pasado fin de semana tivo lugar o Campionato Galego de pista cuberta para as categorías sub 16 e sub 18, no cal tomaron parte catro representantes do equipo de atletismo do colexio que lograron a clasificación para este evento.

Así, naa xornada do sábado foi a vez de Antía Iglesia, que na proba de lanzamento de peso lograba a novena posición, cun mellor lanzamento de 8.24 metros.

Na xornada do domingo foi a quenda dos sub 18. Na proba do triplo salto, Noa Mouriz acadaba a décimo segunda posición, cun mellor salto de 9.47 metros, mentres que Mara Montes era décimo cuarta, cun rexistro de 9.15 metros.

Ambas deportistas tiñan unha destacada actuación na proba dos 60 metros valos, onde Noa Mouriz conseguía a posición de finalista ao finalizar na oitva posición, cun tempo de 10.47 segundos, mentres que a súa compañeira de equipo Mara Montes finalizaba na décima posición, cun tempo de 10.66 segundos, que supón un novo rexistro persoal.

Por último, gran actuación de Ramón Loureiro no que era o seu debut na proba dos 800 metros lisos, onde finalizaba cun tempo de 2.08 minutos, que lle daba tamén a condición de finalista ao finalizar na oitava posición.