Presentación Libro Cruceiros

O martes día 22 de novembro tivo lugar a presentación do libro Cruceiros, cruces, viacruces e esmoleiros do Concello de Friol, de Fernando Arribas, no cal o alumnado deste colexio tivo un importante protagonismo, xa que tanto a que fora profesora deste centro, Pilar Racamonde, como parte do alumnado de dita docente, colaboraron activamente na recopilación e redacción deste interesante proxecto bibliográfico, que contou coa edición patrocinada do Concello de Friol.

Así, alumnos como Marcos Seijas, Mateo Sánchez e Paulo Maneiro, e antigos alumnos deste centro, foron partícipes deste imporante proxecto que pon en valor a importante riqueza etnográfica que ten este municipio e que é tamén unha continuación do traballo realizado anteriormente polos antigos profesores deste colexio, Jose María Carricoba e Blanca Castro, a través da súa páxina web Friol, algo máis ca pan e queixo. É, polo tanto, unha magnífica obra de catalogación de cruceiros, cruces, viacruces e petos de ánimas do Concello de Friol, na que a súa importancia permanecerá no tempo.